24 nov 2011

Unha película digna da Sala Iago: Crónica dende a salvaxe Compostela (ocupación, resistencia, desaloxo e disturbios)


A cidade de Compostela espertábase na mañán do 18 de novembro cunha nova que non deixaba indiferente a ninguén: a emblemática Sala Iago, con máis de 50 anos de funcionamento acollendo numerosas obras de teatro, cine e diversos actos culturais, e abandoada dende había 4 anos a mercede das políticas urbanísticas que depredan o casco vello da cidade, fora okupada por un grupo de persoas na madrugada anterior


Tras pendurar faixas das balcoadas facendo alusión a ocupación do edificio, presentábase no lugar o alcalde Conde Roa para enfurecerse públicamente por primeira vez, ademáis dos primeiros xornalistas de diversos medios burgueses, aos que a entrada fora vetada, considerándose na primeira asamblea do espazo na tarde do venres (á que asistirían entre 80 e 100 persoas) que a xente do espazo tiña na súa man as suficientes ferramentas de comunicación coa cidade sen caír na relación cos medios oficiais: así, varios medios alternativos cubriron a nova, ademáis dos cartaces que anunciaban o findesemán cheo de actividades que se aveciñaba. Asambleas, proxeccións, circo, monicreques, debates sobre autoorganización e acción directa, concertos, xantares, palestras… foron só algunhas das actividades programadas , ás que se achegaron moreas de habitantes da cidade de todo tipo e condición: anciáns nostálxicos da sala, nenos que vian por primeira vez o espazo recém recuperado e desfrutaban coas actuacións, ativistas de todo o espectro radical e cultural, curiosos turistas atraídos pola gran expectación que levantaban estes feitos na rúa ou veciños da rúa que felicitaban ós ocupantes pola iniciativa, que ademáis de cultural, pretendía criar un clima de conflito social e político co poder no findesemán das eleccións xerais.

A reacción dos medios non se fixo esperar, e se ben algunha crónica dalgún xornal sorprendeu polo escaso número de apelativos descalificadores, a ameaza constante do desaloxo e as tópicas colunas de opinión ian xerando o clima previo ao esperado desaloxo.

A sala seguiu funcionando o luns e o martes, aberta a todo o mundo para participar das proxeccións, asambleas e talleres programados; máis ás 11 da mañán do mércores a sala Iago era desaloxada por un nutrídisimo grupo de GOES, antidisturbios, policías de paisano e demáis ralea, detendo as 12 persoas que se atopaban dentro, e acusándoas nun primeiro momento de tenencia e fabricación de artefactos explosivos tras atopar papel de aluminio, lixivia e demais produtos de limpeza, ademáis dos extintores da propia sala ¿¿!!!???. Os doce detidos serían liberados en torno ás 17h da tarde con cargos de usurpación, e recibidos na rúa por decenas de solidarios, quenes pola mañán tentaran bloquear a saída dos furgóns policías, improvisando barricadas na rúa coas terrazas dos bares e enfrontándose ás forzas de seguridade, quenes tras verse acorralados na Praza de Praterías despois da primeira carreira da mañán e recibir algunha que outra pedrada, cargaron contra os concentrados con bolas de goma, dispersándoos polas rúas da zona vella.

Ás 20:30 da tarde estaba convocada na Porta do Camiño unha manifestación de repulsa contra o desaloxo e en solidaridade cos detidos, a cal reuniría entre 300 e 500 manifestantes nun clima de raiba crecente, motivado ademáis polo despliegue policial, digno dun dia da patria ou dunha visita papal.. entre 7 e 8 leiteiras vixiaban os manifestantes na praza, ademais de 2 en Cervantes, 1 ás portas do Correo Gallego, 2 no Toural e 1 fronte á Sala Iago. Completamente rodeados, os manifestantes tardaron un anaco en encontrar un furado por onde saír da praza en dirección a zona vella, o que se logrou tras dispersar un pouco ós maderos, quenes tentaban controlar todos os flancos da mani séndolles isto imposible cando ésta se espallaba por todos os rincóns disponibles para o paso. Finalmente, con atronadores berros de “a rúa é nosa e non de Conde Roa” “lume!” ou “desaloxos son disturbios” os manifestantes avanzaban polo casco vello completamente arrodeados polos antidisturbios, aos que só se logrou dispersar de novo con continuos cambios de percorrido, provocando isto polo menos 3 salvaxes cargas que deixaron numerosísimos feridos e contusionados. A pesares de que a manifestación decreceu un pouco despois das cargas, os ánimos cada vez se inflamaban máis, decidíndose cortar o tráfico na Praza de Galiza ante unhos maderos incapaces xa de controlar a situación. Este foi o momento no que os manifestantes empezaron a cruzar contentores e a atacar ós símbolos do poder. Mentres o groso da manifestación acababa o seu percorrido na Praza Roxa coa lectura dun comunicado e a atenta vixianza da policía nacional, decenas de encarapuzados montaban barricadas incendiarias e escachaban os vidros de numeros bancos e entidades comerciais noutros puntos da cidade: Caixagalicia, Deutsche bank, Pizza Móvil, CaixaRural, MoviStar, Pull and Bear, UPS, Banesto, GADIS.. foron tan só algún dos obxectivos atacados. É de mencionar a cacería organizada pola UIP posteriormente, quenes incapaces de deter a ninguén, atacaron a persoas indefensas e solitarias con porras e patadas, deixando varios feridos en varios puntos da cidade.

As reaccións do alcalde e a prensa? dende supostas ligazóns do anarquismo radical coa AMI, ata Compostela convertida no casco vello de Donostia ou a preocupación da polícia polos atos de guerrilla urbana, pasando polas xa habituais ameazas do alcalde aos movementos sociais da cidade.

O que quedou claro é que a cidade xa se converteu no campo de batalla dun conflicto que, se os compostelanos non deixan enfríar, pode dar moito que falar nun futuro.

UN DESALOXO, OUTRA OKUPACIÓN!

Recebedo na nosa redación por un xornalista anónimo

2 comentarios:

  1. Video da mani
    http://www.galizacontrainfo.org/manifestaci%C3%B3n-contra-o-desaloxo-da-sala-yago

    ResponderEliminar
  2. Audio Kalimero - Conde Roa - Van a Sentir Nuestro Aliento en la Nuca

    http://akalimera.org/component/content/article/13-kontrainformativos/324--audio-kalimero-conde-roa-van-a-sentir-nuestro-aliento-en-la-nuca

    ResponderEliminar