23 nov 2011

Desaloxada a Sala Yago de Compostela


Segundo informaciós recollidas de xente que estivo afora durante o desaloxo soubemos que hoxe sobre as 11 da mañá, depois de abrirse, de novo, as portas da Sala Yago para uso e desfrute de toda a cidadania compostelá, depois de días nos que centos de pessoas se pasaron e desfrutaron deste espacio liberado, policias à paisana entraron e de seguido apareceron duzias de policias armados que detiveron a várias persoas (ainda non sabemos cantas) que estaban dentro e acusanas de ter material explosivo.

Tiveronnas retidas mais de 3 horas entanto buscavan probas incriminatorias contra activistas culturais!!

A quen se lle ocorre tal estratexia?? A o alcalde Conde Droga, que visto que a cidadania cada día estaba a ver con melhores ollos esta okupación, non tivo mellor idea que facer unha montaxe espectacular acusando as compas de "posesión de explosivos"!! . Qué malotes son as okupas, deixan pasar a toda a cidadania, mesmo a crianzas, e elas preparando artefactos!!. Non no-lo cremos!!

Convocase unha concentración para hoxe mesmo às 20:30' na praza 8 de marzo (porta do camiño)

Reproduzimos de seguido un comunicado recebedo no noso correio


CONTRA O DESALOXO DA SALA IAGO

Despois dunha semana de duro traballo, despois de sentir que é máis que posible a creación de alternativas de organización social lonxe das institucións, despois de crermos capaces de sair do letargo existencial ó que nos teñen acostumados nas nosas vidas, a sala Iago chega ó seu fin.

Lonxe de victimismos e arrepentimentos, chega o momento de actuar. Se fomos capaces de esquecer as nosas diferenzas e unirmos nunha fronte común, chega o momento de evidencialo, de demostrar que por moito exército que teñan nós somos moit*s máis, que por moitas leis intimidatorias e ante a mentira e desinformación dos medios, temos a verdade do noso lado;os que estivéstedes alí sabedes o que foi.

É o momento,Compostela, de deixar os discursos baratos a un lado e aproveitar esta enerxía creada por tod*s para pelexar máis ca nunca. Demostremos que un desaloxo non sae gratis, lembrémonos de toda a xente que coma nós, nas súas cidades, loitan por conseguir o que é lexítimo e á súa vez negado, debémonos a eles e eles a nós, tod*s somos parte de tod*s.

Transformemos o medo en raiba, a dúbida en decisión e a imaxinación en realidade.

Hoxe é o momento e este é o lugar.

Okupa e resiste!

1 comentario:

  1. Moito ánimo para a xente detida e xs soldarixs!! desaloxos son disturbios!! isto xa non o poden parar!
    saúde

    ResponderEliminar