Reproducimos a seguinte nova que chegou ao noso correo:
Este titular aparecía onte no Faro de Vigo: "El Concello acepta reformar el edificio de As Avenidas "tomado" por indigentes" (aquí) e a semana anterior no mesmo xornal este outro:"Continúa la indigencia en Montero Ríos pese al albergue" (aquí).
Lendo estas dúas desinformacións/deformacións non atopamos escrito por ningures que varias persoas malia existir o dispositivo de frío teñen que quedar nas rúas –segundo o xornal as prazas non se cobren- xa que hai uns días máximos de estancia continuada.
Máis claro aínda, nun recurso que se abre para que nos meses máis fríos do ano ninguén quede obrigatoriamente na rúa poñen como norma que a partir de tantos días seguidos acudindo non podes usalo.
A vulneración de dereitos que estamos vivindo é brutal pero no caso das persoas sen fogar da cidade a crueza é maior e repetitiva. E se a isto lle sumamos as opinións da prensa onde un dos colectivos que padece con maior dor as consecuencias do sistema capitalista preséntase como salvaxes que nin van aos centros e que aínda por riba amosan as súa suciedade e afean a cidade temos a deformación da realidade completa.
Semella que se disto so saímos xuntándonos para esixir cantas veces sexa necesario máis dereitos sociais e fin do capitalismo!
Para máis info: Rede de Dereitos Sociais-Coia, aquí.
3 ene 2012
Sobra pobreza e non pobres
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario