1 dic 2011

Novembro “explosivo” doutro lado do charco

Dende a proclamación dende Grecia da Federación Anarquista Informal –Frente Revolucionario Internacional (FAI-FRI) por parte da Conspiración de Células do Lume, multiplícanse os atentados e sabotaxes ó longo do mundo, xa sexan reivindicados baixo estas siglas, baixo outros epígrafes antiautoritarios ou sen firma de ningún tipo.
Especialmente prolíficas foron as accións subversivas en Latinoamérica durante o mes pasado. A continuación facemos un breve resumo da ducia longa de ataques en Chile, México e Arxentina aparecidos nas páxinas contrainformativas anarquistas:

Chile:
O mércores 30 de novembro (ousexa onte) un artefacto explosivo detonaba no caixeiro automático do banco BCI, entre as rúas “los olmos” e “los plátanos”, unha persoa foi detida nas proximidades acusada desta acción.
O día anterior, 29 de novembro, de madrugada, un extintor recheo de pólvora estoupaba fronte a Fiscalía Local da Florida.
Un día antes, o 28, tocáballe o turno a Fiscalía Militar de Santiago, tamén cun extintor recheo de pólvora e provisto dun temporizador.
O 27 os atentados sucedéronse en Valparaíso. Primeiro na automotora Hernandez Motores e logo no Banco Falabella, ambos desactivados pola policía. Panfletos atopados nas inmediacións reivindicaban as accións en solidariedade con Luciano Pitronello (tortuga), anarquista chileno, víctima da súa propia bomba, ó que xulgaban ese mesmo día.
O día 24 unha bomba de ruido atentaba contra o “Circo Los Tachuelas” en Maipo, reivindicado polo “Grupo de Acción Directa Circo Sin Animales” en memoria do animalista británico Barry Horne, morto hai dez anos, e contra a explotación de animais nos circos.
Un comunicado firmado polos grupos: “Caravanas iconoclastas por el libre albedrío”, “Banda antipatriótica Severino de Giovanni” e “Banda dinamitera Efraín Plaza Olmedo” , aparecido a finais de novembro, solidarízase coa Conspiración de Células do Lume e coa FAI-FRI, aínda que non se adxudican ningún atentado en concreto (pero falan deles en xeral).
Temos que lembrar que en Chile existen varios procesos penais en curso contra anarquistas acusados de colocación de explosivos: o xa mencionado caso de “Tortuga” e o coñecido como “Caso Bombas”.

México:
As “Células Autónomas de Revolución Inmediata Praxedis G. Guerrero” (CARI-PGG) reivindicaron varios paquetes bomba compostos por tubos recheos de dinamita e enviados na primeira quincena de novembro. Concretamente o enviado ó arzobispo Norberto Ribera, adxudicado pola ”Célula Anarquista y Revolucionaria Gabriella Segata Antolini” das CARI-PGG, e o enviado ó procurador de xustiza Miguel Mancera na “Procuradoría General de la República” polo “Núcleo Insurrecto Solé-Baleno”, tamén das CARI-PGG. Ambos paquetes os desactivou a policía. Do mesmo xeito este último grupo das CARI-PGG desminte a súa participación nun paquete bomba enviado ás oficinas de Green Peace.
Unha célula da Federación Anarquista Informal reivindicou dúas bombas feitas con botellas de gas e colocadas en Toluca os días 18 e 27 de novembro contra un banco e nunha praza respectivamente.
Por último no tocante a México, o día 23 de novembro, o que aparentaba ser un artefacto explosivo apareceu abandonado nunha rúa de Iztacllo (DF) sen que polo de agora se coñezan ben os feitos nin a autoría.

Arxentina:
A finais do mes pasado un artefacto explosivo detonou fronte a comisaría 1 de Avellaneda. O atentado o reivindicou a "célula insurrexional antikarcelaria Eduardo Maria Vazquez Aguirre".
Os “Amigos de la Tierra/ FAI” reivindicaron tamén a quema de coches en territorio arxentino nun comunicado aparecido no mes de Novembro.

Toda a información a tiramos de diversas novas aparecidas nas páxinas “Cúlmine” e “Viva la Anarquía”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario