Catro persoas foron detidas onte nunha operación anti-terrorista coordinada dende a audiencia nacional, mentres que axentes da Brigada de Información rexistraron varias vivendas e centros sociais independentistas. A lo menos dous dos detidos trasladáronos á Audiencia Nacional en Madrid.
Segundo recolle o periódico comercial "La Voz de Galicia", aparentemente mellor informado que o resto, un dos arrestados portaba no seu coche tres bombas compostas cada unha por dous kilos de pólvora e cloratita no intre da súa detención no peaxe da AP9 á altura de Padrón. A policía baraxaría a hipótese de que a intención fose atentar na cidade de A Coruña co gallo da chegada dos príncipes para un congreso de voluntariado.
Polo de agora trascenderon as identidades de tres dos detidos, Jessica R., Eduardo V. e "Teto" F.,mentres que o último dos arrestos aínda non trascendeu nin á prensa comercial nin ós medios libres. A policía vixiabaos pola súa pertenza o independentismo radical mentres que algún deles xa fora detido pola súa actividade militante. A operación segue aberta polo que non descártanse novas detencións.
Aproveitando esta operación contra "Resistencia Galega", dous centros sociais sufriron rexistros por parte da policía: O "Arredista" en Compostela e "A Revolta" en Vigo, mentres que outros centros sociais independentistas de toda Galiza estiveron "custodiados" por "lecheras" de antidisturbios e axentes de paisano que impedían o paso ós mesmos sen orde xudicial algunha.
Onte realizáronse varias concentracións de protesta mentres producíanse os rexistros das casas dos detidos en Vigo e Compostela. Hoxe convocáronse máis actos de apoio en diversas cidades galegas.
Información na prensa comercial: (aquí)
Información nos medios independentistas: Galizalivre (aquí e aquí) e Diario Liverdade (aquí)
Nós elaboramos a nova coa información tirada destas e doutras noticias atopadas na rede; dado o recente dos acontecementos e a laboura desinformativa dos medios comerciais, é posible que parte da información non sexa exacta.
1 dic 2011
Catro detidos en relación cos atentados de Resistencia Galega
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario