7 nov 2011

Reau; novo modelo pioneiro de construcción carceraria estrenado en Francia


Coa total financiación da compañía de telecomunicación Boygues, Reau estrénase como unha das prisións pioneiras en europa. A compañía Boygues- coñecida pola sua explotación e acoso as suas/seus empregadxs inmigrantes indocumentadxs, segundo fontes denunciantes francesas, emprega indirectamente a personal para as administracións dos seus cárceres, estando estes, moitas veces confraternizando coa dirección a cargo das denuncias da prisión.
Con aloxamento para 798 prisioneiros, 90 prisioneiras. O QLP (modulo FIES), será o anfitrión de 28 presxs perigosxs; o edificio estará completamente illado do centro e contará coa sua propia área perimetral e a sua propia vixianza. Ademais constará do seu propio centro deportivo, escola e área médica para non ter que mover ás persoas presas.
A Reau trasladaráse o Centro Nacional para a Observacion, é dicer, que será un autentico experimento social e carcerario que permitirá facer novos e perfeccionados estudos sobre a represión. Inluso deseñouse un programa de Bus de intervención e observación; algo asi como un safari carcerario para os sociólogos e funcionarios que circularán por dentro dos cárceres.
Esta prisión que xa se lle denomina como anti-emeutiers (anti-manifestantes), non en honor aos seus prisioneiros senon aos guetos das aforas de Paris.
Só algunhas prisións foron privatizadas en Francia, mais o número foi en aumento dende que a lei Chalandon foi aprobada o 22 de xuño de 1987, que permitiu que o sector privado se involucrara na xestión das prisións. Esta progresión recibiu un impulso en 2002, cando unha lei sobre a orientación e programación dos asuntos xudiciais aprobouse cos plans de modernización da infraestructura penitenciaria (13.200 camas) a un costo de 1,4 millóns de euros.
Esta lei prevé que as asociacións público-privadas poden delegar ao sector privado as operacións que non entran dentro das funcións soberanas do Estado, é dicer, a xestión xeral das prisións, a vixianza dos internos e as responsabilidades do secretario. Todo o demais está aberto á privatización, incluindo o deseño e a construcción dalgunhas prisións. O Estado comprometíase a pagar aluguer a longo prazo en función do custe da construcción das instalacións.

Bouygues : as suas subsidiarias son DV Construcción, Construcción e Construcción GTB GFC construiron media ducia de prisións en Francia, incluindo La Farlède (Var), Chauconin-Neufmontiers (Seine et Marne) e Liancourt (Oise)

Eiffage : a terceira máis grande de Francia empresa de construcción adxudicoulle o seu primeiro contrato para construir catro prisións (Roanne, Nancy, Lyon-Corbas e Béziers) en 2008. A primeira delas abriu as portas en 2008. O custe dunha instalación como a de Nancy-Maxéville estímase en 69 millóns de euros. Neste último caso, o Estado vai pagar unha renda anual de 9 millóns de euros á empresa privada durante un período de case tres décadas

Gepsa, Siges, Ideps... Sarkozy planea abrir unhas 80.000 novas prazas para presxs en Francia ademais da crecacion de "estabrecimento da inserción da defensa". Supervisado por militares e destinado aos xóvenes infractores.

Un mundo feliz xa chegou; non, xa o sobrepasamos.
[artigo extraído de Punto de Fuga]

No hay comentarios:

Publicar un comentario