Información de: http://gilbertalacalle.blogspot.com
Despois de estudar todas as posibilidades prantexadas para solicitar a liberdade de Gilbert, que esta a poucos anos de levar 30 anos privado de liberdade, o impedimento que se nos presenta é adquirir un avogado de peso en Francia. Impedimento que necesitamos superar e para o cual temos que abonar uns grandes honorarios.
É por iso que solicitamos a quen poida e queira o apoio económico que decida convinte. A cantidad a reunir é bastante copiosa, polo que decidimos que si finalmente non precisaramos o citado apoio económico, os fondos recollidos derivaránse a outras campañas polxs presxs con longas condeas.
Polo momento non existen precedentes que nos animen a pensar que a Administracion Francesa libere a Gilbert. O cárcere onde foi destinado é coñecido co alcume "terminus", é dicer, que é unha prisión a onde destinan os presos que van cumprir longas condeas e dos cuais non esperan unha "reinsercion".
Existen outros precedentes para defender a sua liberdade, entre eles unha cadea perpetua encuberta. En Francia existe a cadea perpetua, mais estabrécese unha revision do caso cada 22 anos, por razóns "humanitarias".
Gilbert leva encerrado 28 anos. As suas condeas están repartidas en dous paises, mais a nivel europeo estáse a estabrecer unha condea que supera os seus propios "limites humanitarios". Mais para defender todas estas cuestións, é imprescindible un avogado, que leve o caso aos tribunais europeos se fai falla. E isto en Francia son varios salarios.
Agardamos apoio para difundir este comunicado.
Foi habilitada unha conta bancaria e unha conta Paypal no site de Gilbert para facilitar as posibilidades de apoio económico.
Polo demais, esperamos ofrecer mellores noticias nun futuro e agradecemos o brindado ata agora para extender o apoio.
Un saudo e forza.
Familiares e amigos de Gilbert Ghislain
7 nov 2011
Peticion de apoio economico para Gilbert Ghislain
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario