5 nov 2011

Informe da EUROPOL sobre “terrorismo anarquista e de extrema esquerda”

Tras da memoria da fiscalía do estado do ano 2011 da que xa falamos neste bolgue (-Aquí), e na que relatábase o papel do “anarquismo insurreccionalista” no estado español, agora os presentamos o informe da EUROPOL , que analiza o mesmo fenómeno pero a nivel europeo.
Dito informe, correspondente ó sucedido durante o ano 2010, no seu apartado “ala esquerda e terrorismo anarquista”, constata o crecemento das accións reivindicadas polos libertarios en todo o territorio europeo. Considera que o progresivo desenrrolo das actividades ilegais anarquistas rexistrado dende o 2007 ten coma acicate o malestar social e os recortes do estado de benestar derivados da crise.
O informe constata a progresiva internacionalización dos ataques e o aumento dos mesmos en países máis aló do foco tradicional, o triangulo Grecia- Italia- España; así Austria e a República Checa tamén víronse afectadas por este tipo de accións. Deste xeito rexistráronse un total de 45 “ataques terroristas” perpetrados por grupos anarquistas e de extrema esquerda (os independentistas computan aparte) nos mencionados países, cun incremento do 12% respecto o ano 2009. Así mesmo detiveron a 35 persosas en relación con feitos destas características no territorio da U.E. durante o período 2010-2011.
O incremento da virulencia dos ataques vese reflectido, según eles, nas seis mortes derivadas dos mesmos, sucedidas todas elas en grecia, e das cales so dúas semellaban buscar ese efecto (as demáis foron accidentais). O informe sinala o feito de que por norma xeral os grupos anarquistas e de extrema esquerda procuran non causar baixas coas súas accións.
Mentres que en Bélxica e en Italia a actividade anarquista creceu, España e Alemania rexistraron unha disminución da actividade delictiva antiautoritaria durante o período rexistrado.
O informe analiza especialmente o fenómeno grego, onde rexistrouse un incremento dos ataques con bomba, mentres que os incendiarios mantivéronse nos niveis de anos anteriores. Repasa as detencións dos membros de “Loita revolucionaria” así como de “Conspiración de Células de Lume” e analiza a internacionalización dos ataques mediante a creación da “Federación Anarquista Informal” coa súa coordinación dos obxectivos e a pronta resposta internacional mediante a acción a este chamamento.
Vaticinan un incremento da actividade delictiva do anarquismo e da extrema esquerda en resposta ás numerosas detencións de activistas.

Outro punto do informe da EUROPOL analiza as actividades dos “extremistas ambientais”, cuias accións aumentaron tamén no ano 2010. Rexistrándose ataques incendiarios, liberación de animais, ameazas e destruccións da propiedade.
O texto expón a relación destas actividades co anarquismo, rexistrándose ataques solidarios por presos ambientalistas. Este é o caso dos detidos en Suíza por tentar atentar con explosivos contra un laboratorio nanotecnolóxico, varias accións anarquistas desatáronse en solidaridade cos encausados.

No informe tamén se menciona o incremento de acción de Resistencia Galega no apartado do “terrorismo separatista”.


Aquí tedes o informe en inglés que nós atopamos en “Galiza Livre” (-Aquí).

No hay comentarios:

Publicar un comentario