4 nov 2011

A folga xeral paraliza Oakland (EEUU)

A folga xeral convocada o pasado mércores por “Occupy Oakland” congregou a unha festiva multitude (medios locais falan de máis de 10.000 persoas e a organización de 20.000) que conseguiu paralizar o porto da cidade (un dos máis importantes do país). A destrucción de ventanas de entidades bancarias e doutros obxectivos empresariais por parte do Black Block derivaron en violentos enfrontamentos coa policía que saldáronse con cargas indiscriminadas e numerosas detencións.
Esta é a primeira folga xeral nos USA dende que en 1947 quedaran prohibidos os paros en solidariedade con traballadores doutros sectores, ou sexa, as folgas xerais.
A convocatoria debeuse ó violento intento de desaloxo do campamento da sección local do movemento “occupy WallStreet” (comparado pola prensa española cos “indignados”), no que detiveron a centenares de activistas e un deles, o veterano de Irak Scott Olsen, saiu gravemente ferido na cabeza por un proxectil da policía.
Os folguistas pecharon os bancos do centro, así coma moitos comercios. A multitude conseguiu paralizar o porto, o quinto en importancia en EEUU, coa complicidade do sindicato de estibadores. As pérdidas ocasionadas por esta acción ascenden a máis de oito millóns de dólares.
Os violentos disturbios ocasionados polo Black Block remataron con cargas e detencións. Como ven sendo habitual últimamente, a destrucción da propiedade por parte dos encarapuchados non estivo exenta de polémica.
Outras moitas cidades norteamericanas rexistraron marchas solidarias.

Noticia elaborada a través de información da prensa comercial, do Indymedia da Bahía de San Francisco (-Aquí) e de “occupyoakland” (-Aquí). Sobre a participación anarquista podedes consultar este enlace de “anarchistnews” (-Aquí) ou esta carta no “Indybay” (-Aquí). Todos os enlaces son en inglés.






1 comentario:

  1. Deixo un video do bloque negro onde se poden ver a varixs manifestantes "pacíficxs" tentando de frear xs revoltosxs recibindo algún delxs a resposta que merece tal comportamento.

    http://www.youtube.com/watch?v=ZqYM_fNsndA&feature=BFa&list=HL1320658483&lf=mh_lolz

    Saúde

    ResponderEliminar