O pasado setembro, bautizado como “setembro negro” polos grupos de acción mexicanos, rexistrou un extraordinario repunte en canto a atentados de índole libertaria ou eco-anarquista no estado de México. Preto dunha decena de accións, a maior parte delas con explosivos, foron reivindicadas por diversos grupos durante o transcurso do mes pasado e os primeiros días de outubro.
Atentados contra obxectivos da investigación científica (moi atacados xa dende antes polos grupos anticivilización mexicanos), contra entidades bancarias, contra patrullas dos corpos represivos, contra edificios gubernamentales, contra casas de políticos e incluso dous incendios en sendos centros comerciais (un deles un Wall-Mart que calcinouse por completo)… son algúns dos destinatarios dos grupos de acción anarquista mexicanos que dende hai uns poucos anos manteñen en xaque ás forzas represivas dese país centroamericano. Os nomes dos grupos que reivindicaron os atentados deste setembro son: Las Células Terroristas Por el Ataque Directo - Facción Anticivilizadora, Frente de Liberación Animal, Células Autónomas de Revolución Inmediata-Praxedis G. Guerrero, Individualidades Tendiendo a lo Salvaje ou Conspiración de las Células del Fuego-Jalisco (fracción de la FAI-México).
Nun comunicado aparecido en diversos medios contrainformativos (de onde nós collimos a información), que podedes atopar en “Afilando nuestras vidas” (-Aquí), detállanse as acción e as súas reivindicacións, así como curiosas alusións ás rencillas que estes grupos insurrectos sosteñen con outros grupos anarquistas máis partidarios da acción non clandestina e que eles tildan de “legalistas”.
Por último, e según datos da prensa, dous paquetes explosivos detonaron na noite do 3 de outubro nunha oficina de paquetería, deixando varios mancados de diversa consideración, todos eles simples traballadores da empresa. Non coñecemos reivindicación deste desgraciado atentado. Nova en Liberación total (aquí)
Fotos extraídas de Liberación Total (onde tamén podedes atopar o comunicado do "septiembre negro"):
6 oct 2011
Multiplicanse as accións anarquistas en México
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario