30 ago 2011

O que nos agochan do proxecto da MAT e a necesidade de movilización popular (Girona)


Presentouse xa o plan de obras do tramo da liña de Moi Alta Tensión (M.A.T.) de Santa Llogaia na Jonquera e o Estado aprobou a declaración de impacto ambiental da liña finalmente aérea entre Bescanó (Gironès) e Santa Llogaia d\'Àlguema (Alt Empordà) que cruza un total de 38 termos municipais comprendidos entre as comarcas do Gironès, Pla de l\'Estany, Alt e Baix Empordà (...)

Unha vez máis, os que din que nos representan, poñen os beneficios económicos por diante da saúde das persoas e da terra.

Toda esta manipulación é explicable, como xa sabemos, pola conexión directa que existe entre políticos e multinacionais ou grandes empresas privadas. Luís Atienza, o presidente do gran monopolio de enerxía eléctrica do Estado (Rede Eléctrica Española), actualmente cun contrato blindado e un soldo de 700.000 euros/ano, foi Ministro de Agricultura durante os anos máis corruptos do mandato de González e ex secretario de Enerxía entre outros cargos.
A interconexión será unha realidade o ano 2014 e o custo global do proxecto rolda os 571.000.000 euros (...)

A xustificación para a construción de liñas de Moi Alta Tensión é a eficacia no transporte de enerxía eléctrica a grandes distancias, minimizando as perdas e maximizando a potencia transportada aumentando así os beneficios da distribución de enerxía eléctrica co obxectivo de alimentar o tren de alta velocidade, facer posible a interconexión con Francia, (á parte dos intereses europeos en facer o anel mediterráneo de moi alta tensión, responde á necesidade de mover e comerciar con grandes cantidades de enerxía, que ás veces sobra e ás veces falta, tendo en conta que o paso será regulado por Francia) e favorecer a integración no sistema eléctrico da enerxía eólica dos parques previstos nesta zona.

Pero o que nos esconden, como é de esperar, é o elevado risco de contaminación electromagnética que presenta sobre a saúde das persoas e da terra.

Palabras de Mario Monti (mediador europeo para suprimir as protestas contra a interconexión):

Neste sentido, podería preverse a aplicación dun principio equivalente ao principio de «o que contamina paga». Unha porcentaxe dos ingresos obtidos da explotación desta interconexión podería asignarse ao desenvolvemento de proxectos a nivel local ou rexional

Os campos electromagnéticos (CEM) proveñen de liñas de alta tensión, zonas wi-fi, móbiles... están catalogados pola OMS dentro do grupo 2B: POSIBLES AXENTES CANCERÍXENOS PARA OS HUMANOS. A súa exposición pode significar o desenvolvemento de cancro a partir de células canceríxenas que non espertaron ou de alteracións de cadeas de ADN xa presentes. Remarcan especialmente a relación que ten coa leucemia infantil e que se preveña a exposición dos CEM sobre todo en nenas/nenos e adolescentes en idade de reprodución.

Como resposta destes estudos, a OMS está a aplicar o Principio de Precaución que se aplica cando unha avaliación científica obxectiva indica que hai motivos razoables de preocupación polos potenciais efectos perigosos sobre a saúde e o medio ambiente.

Xa se están a dar casos sospeitosos de afectados por CEM da MAT en St.Hilari desde o 26 de Xullo, día en que foi posta en marcha a liña Vic-Bescanó.

O Consello de Ministros denegou a varios Concellos de Navarra a autorización para realizar unha consulta popular sobre a MAT. Demostráronnos reiteradamente en que tipo de democracia vivimos, é máis, o que é a democracia en si.

Non debemos seguir deixando que os que NON nos representan actúen impunemente para enriquecerse xustificándose na democracia.

¿Seguiremos votando para perpetuala?

¿Como se pode permitir que ante unha política de recortes sociais, de sanidade e laborais, se manteñan uns orzamentos desorbitados en infraestruturas que non terán ningún beneficio para os máis prexudicados?

Témonos que preguntar quen, para quen e para que as constrúen.

Debemos seguir loitando para escoller e cambiar o noso modelo de vida.

Esiximos a parada destas macroinfraestructures, que perpetúan o sistema que nos fai escravos do consumo, e poder decidir en que se invisten os nosos impostos.

Facemos un chamamento a todas as persoas e colectivos a seguir mobilizándose e non ceder ata conseguilo!

NIN AQUI NIN EN NINGURES. NON Á MAT, NON AO TAV, NON ÁS NUCLEARES NIN AO SISTEMA QUE AS NECESITA

Manifestació contra a MAT a Girona

[extraído de lahaine]

No hay comentarios:

Publicar un comentario