20 jul 2011

Disturbios en Berlín na manifestación polo 10º aniversario da morte de Carlo Giuliani

O pasado 16 de xullo tivo lugar en Kreuzberg (Berlín) unha manifestación non autorizada en recordo do activista asasinado no 2001 na cumbre do G8 en Génova, Carlo Giuliani, á que asistiron preto de 800 persoas e na que se produxeron fortes disturbios.
As autoridades enviaron, para “controlar” á manifestación, a uns 500 efectivos e un helicóptero así como botaron gases lacrimóxenos e bombas de alerta pra dispersalos. Os activistas respostaron atacandolles con pedras, botellas e artefactos incendiarios. Algunhas fontes cifran o balance final en 30 activistas anti-capitalistas detidos e 34 policías feridos leves.
Esta non é a única protesta por esta triste efeméride que se realizou neste mes, xa que tamén en Berlín, no distrito de Lichtenberg , o 13 de xullo producíuse un ataque a unha comisaría reivindicado, mediante unha pintada, polo mesmo feito(noticia neste mesmo blog -aquí).
Información tirada de :
-War on society, en inglés AQUÍ
-Periódico El Libertario,en castelán AQUÍ
-Fear to sleep, en inglés AQUÍ







C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario