17 jul 2011

Ataques incendiarios a comisarias en Berlín e Moscú


Dúas comisarias, una en Rusia e a outra en Alemania, sufriron sendos ataques incendiarios neste mes de xullo. As acción non terían relación aparente entre sí, salvo polo feito da evidente intencionalidade subversiva que desprenden ambos ataques.
O primeiro ataque sucedeu na noite do día 6, cando un grupo de “guerrilla urbana” prendeu lume a porta dunha estación de policía ubicada no edficio 4 do número 130 da rúa Profsoyuznaya de Moscú. No comunicado (-aquí o orixinal en Ruso –aquí a traducción de “liberación total”) os autores da acción afirman que os motivos da mesma son evidentes e rematan cun: “Unete a loita pola liberdade, a xustiza e a dignidade! A.C.A.B”
O ataque de Berlín perpetrouse o mércores 13 xullo sobre as 2.20 da madrugada contra a comisaría onde atópanse as oficinas do departamento de delitos comerciais no distrito de Lichtenberg. Una pintada na fachada reivindicaba a acción como conmemoración do décimo aniversario da morte de Carlo Guiuliani, anarquista asasinado pola policía italiana durante as protestas contra o G8 do 2001 en Genova.


Máis información en inglés do ataque de Berlín en Act for freedom now! (-aquí) e en castelán en "liberación total" (-aquí).
Video da acción de Moscú (-aquí)

Esta foto é do ataque de Moscú mentres que as de embaixo e máis a da cabeceira da nova son da acción de Berlín.


















C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario