30 jun 2011

"Negocios Sucios. Bancos españoles que financian armas"

Colado de Galicia Confidencial
Capital galego financia mísiles nucleares
GC debulla o informe "Negocios Sucios. Bancos españoles que financian armas", que aporta probas de como 14 entidades do Estado invisten en produtores de armas ilegais ou controvertidas, como as minas antipersonas ou as armas químicas.

Por Walter Burns | O Irixo | 28/06/2011

"Negocios Sucios. Bancos españoles que financian armas" é un informe exhaustivo, repleto de análises societarios e exames financeiros. Conta ademais co aval de ser financiado con cartos públicos, cunha axuda da Agencia Española de Cooperación Internacional á ONG Setem. Malia o seu evidente interese para a opinión pública, os grandes medios ignorárono case por completo dende a súa presentación esta primavera.

Que conta o informe? Entre outras cousas que 14 bancos españois, incluídos os poderosos Santander e BBVA, financian a compañías que producen armas que a lexislación internacional considera ilegais. Por exemplo, as bombas de acio e as minas antipersonas.

Cinco máis, 19 entidades financian a produtores de "armas controvertidas". É dicir, armas que non están especificamente prohibidas na lexislación, pero cuxo uso considérase amoral, pois afectan masivamente tamén aos civís. Por exemplo, as armas nucleares, químicas e bactereolóxicas.

O Santander financia as bombas de acio

Por exemplo, o Santander xestiona os fondos de inversión de Lockheed Martin, produtora das bombas de acio. Un 33% das vítimas desas bombas son mulleres e nenos.

O Santander tamén forma parte do accionariado de Finmeccánica, empresa italiana participada polo goberno de Gadafi e cuxo material utilízase para reprimir aos que loitan por máis democracia nese país.

Negocio redondo

Dende 2006 o Santander aportou case 1.000 millóns de euros á empresas produtoras de armas. O negocio é redondo, pois só en 2010 a participación nestas compañías reportoulle 8.181 millóns de beneficio.

Lista de bancos, incluído o Pastor

Os bancos que invisten nestas controvertidas empresas, ademais dos xigantes Santander e BBVA, son Banca March, Bankia, Banco Madrid, Banco Popular, Banco Sabadell, Bankinter, BBK, CatalunyaCaixa, Finanduero, Ibercacja e a aseguradora Mapfre.

Na lista tamén figura unha entidade galega, o Banco Pastor. A entidade baseada na Coruña admitiu en 2010 ter 200.000 euros en bonos de Thales. Esta compañía francesa é unha das que constrúe o misil nuclear M51 para submarinos cun alcance de 6.000 quilómetros.

A falacia das cartas

Para poder presumir de ter as mans limpas, os bancos tiran dun truco. Por exemplo, Emilio Botín, presidente do Santander, negou vehementemente que o seu banco estivese involucrado na recente xunta de accionistas de xuño.

Algunhas entidades que invisten nestas compañías obrigánlles a firmar que non adicarán os seus cartos a producir armas. Sen embargo, despois non controlan nin verifican que se cumpre o asinado, e evidentemente o diñeiro investido nunha empresa armamentística, aínda que remate investido na súa administración, reverte na fabricación das armas.

Máis adiantados están noutros países. O banco holandés Rabobank e os Fondos de Pensións soberanos de Noruega e Finlandia traballan cunha lista negra de compañías que inclúes ás armatentísticas, nas que non poden investir baixo ningún concepto.

O informe completo en castellano pódese descargar aquí.

2 comentarios:

  1. Pois que curioso o do banco holandes Rabobank, sera dende agora o da lista negra das empresas armamentísticas posto que hai uns meses a súa sede foi branco de tres ataques incendiarios por parte dunha célula holandesa de C.C.F. pola súa complicidade coa venta de armas a paises represores dos dereitos humanos. Sera que a presión por medio da acción directa funciona???
    Noticia dos ataques aquí en abordaxe:
    http://abordaxerevista.blogspot.com/2011/02/reivindican-tres-ataques-incendiarios.html

    ResponderEliminar
  2. pois eu fum quem colou a notícia tal qual de GC e depois de "naegar" acho qye vem à raiz das declaraçons dum acçonista do santander
    http://www.justiciaipau.org/comunicats.ca.shtml?x=11204 quem di textualmente
    "Tras entrevistarnos con algunos representantes de su banco, nos indicaron que estas empresas mencionadas, clientes vuestros, han firmado una declaración con su banco indicando que no producirán armas. Nos resulta difícil creerlo teniendo en cuenta que estas productoras se encuentran en la lista negra del Fondo de Pensión Noruega y holandés junto con el banco holandés Rabobank".
    Mas o há um erro a interpretaçom escrita ou este acçonista nom está ao loro das actividades de rabobank pois todo aponta a que sim negócia com armas

    ResponderEliminar