16 jun 2011

Indignarse non é suficiente..


Para potenciar a capacidade de acción das asambleas de barrio e o seu poder decisorio, a práctica de bloquear o parlamento ou calquer institución símbolo do Estado- Capital debe ser vista como indispensable. Paralizar as actividades dos que nos gobernan é a evidencia máis palpable da nosa indignación, e aínda máis ala, da nosa ira e raiba, tal e como chamaban ás súas xornadas de loita os compañeiros árabes que esta primavera removeron o mundo.

Por suposto, os políticos teñen que ser conscientes do que isto significa: acabou a súa impunidade, o povo non os quere e unha mostra evidente disto pode ser a testa pintada do ex- secretario de interior. Chegar en helicóptero ao Parlamento é unha mostra máis do abismo que nos separa, a eles e a nós: eles, voando polo ceu cos seus esbirros na terra dando ostias; e nós, facendo fronte á miseria cotidiana imposta polo seu espectáculo.

Xa os medios se están empeñando na necesidade de que o 15M asuma unha organización líder que aílle os actos de lexítima resistencia. Algúns xa tentaron asumir ese papel mediante o ritual das condeas. Dende os partidos políticos aos apagalumes de Democracia Real Ya, pasando polos autoerixidos representantes do 15M, todos expresaron o seu temor a unha posible radicalización do movemento, o que, prestando atención ós últimos acontecementos (bloqueos de parlamentos e cortes, esporádicos enfrontamentos coa policía, paralizacións de desahucios, expulsións de políticos das súas filas como o oportunista de Cayo Lara en Tetúan..) parece unha posibilidade a ter en conta. O domingo 19 será unha oportunidade para comprobalo, nas manifestacións que o 15M convocou en todo o estado contra os recortes sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario