Ó parecer, coma os banqueiros e empresarios metéron-nos nunha crise de insondables proporcións debido ó seu actuar falto de control e á aceptación das recetas neoliberais por parte de políticos irresponsables , a solución a semellante desaguisado pasa por afondar nos postulados do neoliberalismo dándolles moitísimo máis poder a banqueiros e empresarios a costa de recortarlle os salarios e os dereitos ó común dos mortais.
Pois visto este panorama , o executivo dista desgracia de Partido Socialista que padecemos (no que non tería o menor inconvinte en afiliarse o mesmísimo Adam Smith) aprovou este 10 de xuño un real decreto lei por medio do cal precarízanse aínda máis as relación laborais, en claro beneficio dos empresarios e no conseguinte perxuízo absoluto dos traballadores.
A reforma, que entra hoxe en vigor no medio do mutismo cómplice dos mass media, concretízase sobre todo nos segintes puntos:
-No remate da vixencia dos convenios colectivos ó término do seu período de duración, de tal sorte que, finalizado o mesmo, poderán impor outro con MENOS DIREITOS, CUN SALARIO MÁIS BAIXO E CON MÁIS FLEXIVILIDADE HORARIA (esta última aumenta pra todos nun 5% anual polo morro e sen contrapartida algunha). Isto é o que veñen chamando “rematar coa ultraactividade dos convenios”, ou sexa , que os dereitos xa conseguidos non se consolidan, sempre os podes perder no seguinte convenio.
-Se non hai acordo na elaboración dun convenio impondrase o arbitraxe. Deste xeito a presión exercida polos traballadores organizados quedará tremendamente debilitada, posto que a firma do convenio xa non depende deles senon do resultado do laudo arbitral. Se ben a nova normativa admite que no caso de non chegar a acordo ficará en vigor o convenio anterior (menos os incrementos salariais), insta á imposición obligatoria dos procesos arbitrais nos convenios de ambito estatal e autonómico ó finalizar os novos prazos máximos de negociación (cun máximo de 14 meses). Finalmente, na práctica, o arbitraxe será obrigatorio e imposibilitará ós traballadores acadar acordos pola vía da presión e da acción directa.
-Primará o convenio de empresa sobre o convenio provincial, o que, no caso de Galiza, onde o 90% das empresas teñen menos de 6 traballadores, reforzará a capacidade do empresario á hora de impor o seu criterio nas negociacións e dificultará a capacidade de presión da clase traballadora.
-A nova reforma da máis capacidade ás comisión paritarias, formadas por representantes da empresa e dos traballadores. Deste xeito poderán renegociar o convenio na vixencia do mesmo. Sempre en aras da “flexibilidade” según a intención expresa do novo decreto.
Menos novidoso, aínda que recollido tamén no texto, atópanse os segintes puntos de interese:
- A empresa poderá baixar os salarios dos seus curritos “cando ísta teña unha disminución persistente do seu nivel de ingresos ou a súa SITUACIÓN E PERSPECTIVAS ECONÓMICAS PUIDERAN VERSE AFECTADAS NEGATIVAMENTE”.
- Tamén especifícase que “Nos supostos de que produxéranse violencias, tanto sobre as persoas coma sobre os bens e ambas partes comprobaran a súa existencia, quedará suspendida de inmediato a negociación en curso ata a desaparición daquelas”.
-Obviamente os únicos lexitimados pra negociar son os sindicatos oficiais a través da súa representatividade nas eleccións sindicais ou, nos convenios sectoriais, os sindicatos máis “representativos” a nivel estatal ou da comunidade autónoma. Non sexa que ós obreiros lles de por organizarse de xeito autónomo e asambleario ó marxe das burro-cracias sindicais.
Pois ala, gustavos? non? pois os fodedes, porque é o que hai e ímolo comer con patatas. A ver se a xente comeza a espabilar e, polo menos, sae ás rúas a da-la cara. E sen esperar polos seus sindicatos que, aínda que agora escenifiquen a ruptura e o desacordo coa reforma, todo tíñanno pactado xa de antes nas negociacións agora supostamente rachadas.
De veras entramos no século XXI, ou quizais voltamos ó XIX?
Aquí vos deixamos un enlace ó B.O.E. pra que poidades ler por vos mesmos o real decreto, non vaiades pensar que todo isto son fábulas anarquistas: -aquí
12 jun 2011
Aprobada unha “reforma da negociación colectiva” que precariza ainda máis as relacións laboráis
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mais lume!!, intolerábeis estas medidas, están de leria en Wall Street...
ResponderEliminarhttp://www.galizalivre.org/?q=noticia%2F07.06.2011%2Fugt-ccoo-e-patronal-partilham-risas-mesa
ResponderEliminarUGT, CCOO e patronal partilham risas à mesa
Redacçom/ A três dias de que o Governo espanhola legislara por decreto os convénios coletivos, precarizando ainda mais as condiçons da luita sindical, as cabeças da CEOE, CCOO e UGT deixárom-se ver no Forum Europa em amor em companhia. (ver foto na ligaçom antérior)
A escandalosa fotografia, publicada polo El Mundo, mostra a Juan Rossell (presidente da CEOE), Ignacio Fernández Toxo e Cándido Méndez em atitude distendida e jocosa. Na mesa achava-se também Renzo Fratini (Nuncio Apostólico em Espanha e Andorra), permitindo-se o secretário geral de UGT dizer-lhe ao chefe da patronal: "Estás entre duas instituiçons mui veneráveis e mui longevas: a Igreja e os sindicatos", ao que Rossel respondeu: "Quase me vou pôr mais cá", achegando-se ao Nuncio.
Apenas umha anedota "rosa" de nom se produzir na época histórica de maior taxa de paro e em pleno desarme total da luita sindical.