11 jun 2011

Anarquista ferido mentres colocaba unha bomba sae do coma (Chile)

Dende o pasado mércores pode respirar polos seus propios medios e, aínda que baixo sedación, espertou do coma inducido Luciano Pitronello Schuffeneger, "tortuga", o anarquista chileno de 22 anos que na madrugada do pasado 1 de xuño resultou ferido de gravidade o estouparlle accidentalmente a bomba que presuntamente tentaba colocar nunha sucursal do Banco Santander da capital chilena.
O activista perdeu as mans, así coma a visión de ambos ollos, do mesmo xeito tería graves queimaduras na cara, no torso, nas pernas e nos pulmóns, pero semella que evolúe favorablemente polo que recobrou certo grado de consciencia. Polo de agora Luciano negou ter relación cos feitos, pero a policía ten intención de aproveitar a súa recuperación pra sometelo a interrogatorio.
O atentado sucedeu o pasado 1 xuño nun céntrico barrio de Santiago de Chile, según declaración dos testigos presenciais dúas persoas chegaron ás inmediacións da confluencia das rúas Vicuña Mackenna con Victoria montados nunha moto (que resultou pertencer ó irmán de Luciano), ás 2:25 horas explosionaba fronte á sucursal do Banco Santander o extintor recheo de pólvora que manipulaba un dos activistas, mentres o outro fuxía do lugar dos feitos. Varias persoas auxiliaron ó ferido, apagando o lume no que quedou envolto tras do estoupido.
Tan lamentable suceso ocorre apenas dous anos depois da morte, en semellantes circunstancias, do tamén anarquista chileno Mauricio Morales. E é que en Chile sucédense nos últimos anos os atentados contra os símbolos do estado e do capital sen que, ata o de agora, detivese ós autores. E iso pese á desesperada montaxe xudicial coñecida coma “caso bombas”, na que a fiscalía tentou implicar a catorce activistas nunha suposta “organización terrorista”. Tras dunha longa folga de fame, os detidos ficaron ceivos en espera do xuízo dado o inconsistente das probas na súa contra.

Máis info en "Viva la anarquía": -aquí, -aquí e -aquí
En "Afilando nuestras vidas": -aquí
Na prensa comercial chilena: -aquí e -aquí


No hay comentarios:

Publicar un comentario