Texto atopado o mes de Maio, nas rúas de Compostela:
Na miña casa vivimos catro, a miña nai, o meu pai, a miña irmá e eu.
Xa sei ler e todo iso. Xa sei inglés, pero non vou ir a universidade, nin vou a ser un intelectual, nin tampouco creo que vaia saír pola televisión. Esa televisión que nos ten endeudados para que o meu pai mire a Champions League, a mesma televisión que di que non existimos. Porque neste país sólo hai ricos que lavan con Fairy e usan electrodomésticos Bosch, porque teñen unha mansión na praia. Ricos que comen "Brasador" de Maggi nun veleiro e que bailan como parvos porque comen con "Isabel" e salsas Calvé. Ricos que mercan traxes no Corte Inglés por 1000 euros, pero non teñen problemas porque beben Nestea e teñen accións e un plan de inversións a baixo risco no Banco Santander.
Os meus pais tamén teñen unha hipoteca no banco. O banco manda moitas cartas a nosa casa, un día a miña nai abriu unha e botouse a chorar, chorou todo o día. Cando chegou o meu pai do traballo tamén chorou. Dixo que non podía mais, que ía matarse. Aínda que se suicidase non serviría de moito, a vida do meu pai non vale nada, porque non ten un seguro de vida Santa Lucía, deses que saen pola tele. A miña nai compra no supermercado Día, pero non é unha "mujer de hoy". Tampouco a súa cara e a súa figura son as de antes, porque a miña nai nunca foi a Corporación Dermoestética, e iso que na tele as mulleres recomendano tódolos días.
Tampouco temos un coche, debemos ser dos poucos que non teñen un Galloper, porque na tele din que son baratísimos. Os meus compañeiros da escola tampouco teñen un Galloper. Os seus pais tamén teñen unha hipoteca no banco e tamén choran moitas veces. Están fartos de chorar e de traballar.
Eu quero aos meus pais, pero non vou a ser como eles. Os meus compañeiros da escola e mais eu sabemos que o banco que hai no barrio é quen manda as cartas ás nosas casas. Hoxe imos queimalo. Xa non van chorar mais. Polo menos iso é o que creo. Se non, seguiremos queimando bancos áta que non cheguen mais cartas...
Creo que ao final si que vou sáír pola tele
31 may 2011
Na miña casa vivimos catro...
Etiquetas:
acción directa,
compostela,
disturbios,
guerra social,
reflexion,
revolta,
sabotaje,
solidariedade
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario