Ante a iniciativa dun grupo de compas de Granada de botar a andar unha radio libre, xurdiron estas xornadas de encontro, debate e talleres prácticos nas que participarán radios libres de diferentes puntos do estado.
Terán lugar os vindeiros venres e sábado (1 e 2 de abril) na Biblioteca social Hermanos Quero e o CSO. 15 gatos de Granada.
Aqui vos amosamos as actividades das xornadas.
Venres 1 de abril
ás 19:00h na Biblioteca Social Hermanos Quero:
Presentación das xornadas e proxección de "Radios Libres, las voces de la gente."
Sábado 2 de abril
ás 10:00h na Biblioteca Social Hermanos Quero:
Taller de grabación e edición en radio
ás 12:00h na Biblioteca Social Hermanos Quero:
Taller de montaxe de equipo de radio portátil analóxico e soldadura de cables. A cargo de compañeirxs de Radio Kalimera
ás 14:30h no C.S.O. Los 5 gatos:
Comedor popular Vegano
ás 17:00h no C.S.O. Los 5 gatos:
Charla taller sobre Contrainformación
ás 19:00h no C.S.O. Los 5 gatos:
Debate sobre radios libres. Participarán membros de Irola Irratia (Bilbao), Radio Kalimera (Compostela), Radio Malva (Valencia), Radio Plutón (Granada).
Animamos a todxs a que participedes da creación dunha nova radio libre en Granada,
e que xurdan máis...
Benvida!!!
26 mar 2011
Xornadas Radios Libres (Granada)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario