27 mar. 2011

Fortes disturbios en Londres

A multitudinaria marcha contra o plan de austeridade do goberno británico, que onte congregou a preto de medio millón de persoas polas rúas de Londres, derivou en violentos enfrontamentos entre policías e manifestantes, así como en importantes destrozos no centro da cidade. A prensa comercial británica cifra en 200 os detidos, os feridos pola banda dos manifestantes serían 84 e 31 pola das forzas da orden (11 con tratamento hospitalario) nesta xornada de revoltas que prolongouse durante a noite.
A marcha convocárona os sindicatos, e nela participaron membros do partido laborista na procura de votos, pero varios centos de persoas, moitos deles con bandeiras anarquistas, emprendérona contra bancos (entre eles un Santander), multinacionais e demais símbolos do capitalismo. Nos enfrontamentos coa policía os manifestantes usaron palos, pedras, bengalas, cohetes, botes de fume, bombas de pintura e incluso bombillas cheas de amoniaco.

A información sacámola de diversos medios de prensa comercial así como as seguintes fotos, a foto do encabezado a dereita é de anarchistnews.org.
















2 comentarios:

  1. Jajajaja a foto do madero ca cara pintada non ten desperdicio jaja digna de poñela nun marco e pendurala na parede.

    Saúdos xs compañeirxs inglesxs!
    Viva a folga salvaxe

    ResponderEliminar
  2. jajaja the photo of madero ca face painting no tiene desperdicing jaja digning de ponerling in one mark and penduring in he word.

    Saludations to the english breadñering!
    Live the savage greving

    ResponderEliminar