Volven os comedores pro presos da okupa coruñesa das Atochas, solo que agora serán ceadores no canto de comedores e os venres en lugar dos sábados. Por suposto mantense o seu caracter solidario coas persoas presas (os beneficios irán íntegros pra eles) e a sua xestión horizontal e antiautoritaria (o destino dos cartos decidirase entre os participantes e a cociña está aberta dende as seis da tarde pra o que queira cociñar).Tratarase, coma sempre nas Atochas, de comida sen sufrimento animal, ou sexa vegana.
Nesta primeira ocasión comezaremos a papear a iso das oito e media, agradeceríamos a puntualidade pois temos un concerto (sen relación cos presos nin co ceador) xusto despois.
A idea e manter a actividade tódolos venres, pero en función dos que sexamos e o que decidamos mentres comemos poderían cambiar as datas ou as horas pra as seguintes ocasións.
Abaixo os muros de tódalas prisións!!!
1 feb 2011
Ceadores pro-presos no C.S.O. Cas das Atochas (Coruña)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario