A prensa comercial faise eco da información difundida polo Ministerio Grego de Exteriores segundo a cal dúas cartas ameazantes acompañadas por balas de pequeno calibre chegaron a pasada semana á embaixada grega en Madrid e ó consulado honorario en Barcelona. Ainda que o goberno heleno non fixo declaracións sobre a autoría das misivas, a televisión estatal NET apontaba a ameazas ás autoridades do país mediterráneo polo trato que poidan dar a activistas detidos. Tamén informaron de que o sobre tiña oito proxectis acompañados dun comunicado do que, polo de agora, apenas trascendeu o seu contido.
A acción estaría relacionada, con toda probabilidade, co xuizo en Atenas ós membros da guerrilla urbana Conspiración de Células de Lume, grupo que non hai moito fixo un chamamento pra a creación dunha federación internacional de grupos insurrectos e pra a extensión global das accións solidarias cos anarquistas detidos (noticia neste mesmo blog).
A maioría da información tirámola da prensa comercial ainda que tamén podedes atopar a nova, por exemplo, en Afilando nuestras vidas, de onde collimo-la imaxe.
1 feb 2011
Ameazas á embaixada grega (Madrid e Barcelona)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario