19 ene 2011

Un “experto” da policía nacional di que hai que desaloxar a Casa das Atochas canto antes (A Coruña)


Segundo o periódico coruñes “El ideal gallego” (e dicimos o de periódico por dicir algo), no curso sobre tribus urbanas impartido polo Sindicato Unificado de Policía no cuartel de Lonzas, un subinspetor experto na materia chegado dende Madrid (e o de experto o dicimos tamén por dicir algo) asegurou que a okupa herculina tiña que ser desaloxada canto antes pois “deixalo correr é dar pé a que okupen outra casa”.
Segundo esta lumbrera , que semella que gracias a infiltracións varias en grupos ultras madrileños adquiriu tan apabullantes coñecementos que non puido reprimires o plasmálos en tres libros, e que preséntase baixo o pseudónimo de David Madrid, o acto de okupares un inmobre deshabitado supón un feito violento; non sabemos se pensa, por isa regra de tres, que a imposición dunha multa, a execución dunha hipoteca ou a mera plusvalía dos contratos laboráis son actos violentos tamén, pois causan muito máis perxuizo económico ós seus receptores que o feito de non poder dispor dunha vivenda que non usas pra nada.
Tamén afirmou o noso avispado sabueso que “temos que ter en conta que o consumo de drogas nesa casa é obvio, e chama a atención”, quizáis iso explique a noticia xa coñecida nas Atochas de que a policía pensaba que na okupa vendíase droga, nada máis lonxe da realidade por certo, e o porqué de que varios evidentes secretas preguntaran insistente e infructuosamente a ise respeito ó longo da existencia do centro social.
Pero a guinda do pastel chega cando o tiparraco en cuestión afirma, así sen mexarse por riba da risa nin nada, que “aínda que os okupas sosteñan que recuperan unha casa para uso do público, noutros casos, baixo o aspecto de actividades puramente culturais, detectáronse atitudes sospeitosas, coma “concertos con letras de cancións que fan apoloxía da violencia””. Pois mira, dende eiquí facemos agora mesmo apoloxía da violencia ó dicir que a este tipo habería que partirlle tódolos dentes dunha boa patada na boca.
Pra rematar a faena, o tal Madrid cubriuse de gloria coa seguinte frase: “A xente non quere ver violencia nas suas rúas (o parecer referíase á manifa okupa do 11 de decembro, non ás redadas contra o Top Manta nin ás malleiras nas comisarías ou nas cadeas) quere ir a centros comerciais e parques tranquilamente. Non quere que grupos violentos tomen a rúa”, pois, nese caso, deberían mandar a todo-los antidisturbios xa mesmo pra a cola do paro. E as prazas de hoxe en día máis ben parecen beirarrúas e ós centros comerciais era pouco darlles lume.
Eiquí diexámovos o enlace coa noticia do “Ideal Gallego” para que vos fartedes de rir: noticia
E esta outra anterior que fala do curso de "tribus urbanas": noticia2

No hay comentarios:

Publicar un comentario