20 ene 2011

Artefacto caseiro contra aseguradora de Ponferrada (León)


Ás tres da madrugada do martes 11 de xaneiro, unha bomba caseira composta por cinco litros de gasoliña, dous botes de gas butano “Cliper” e dous petardos de uso común estoupaba na porta traseira da mutua de accidentes laborais Asepeyo de Ponferrada. A explosión causou importantes desperfectos na sala de rehabilitación da aseguradora polo que tivo que desprazar a súa actividade a outros centros durante as obras de reparación.
Non é o primeiro atentado de similares características sucedido na capital berciana, xa que dende hai ano e medio, concretamente dende o 15 de xuño do 2009 (segundo a prensa comercial), contabilízanse catro accións con artefactos caseiros, unha cada seis meses. A primeira foi a sede da UGT, despois veu a delegación da Junta, na oficina da coordinadora do gobernó autonómico, seguíuna a Agencia Tributaria e agora tocóulle a mutua Asepeyo.
A policía semella non ter moitas pistas ainda que o Tedax de León investigou o suceso. Nos non coñecemos reivindicación ningunha dos distinos atentados.
Nova en Sare antiffaxista (aquí) e na prensa comercial leonesa (aquí e aquí).

No hay comentarios:

Publicar un comentario