26 dic 2010

Outro comunicado da Casa das Atochas e outro video da mani.

Aquí reproducimos outro comunicado da okupa coruñesa C.S.O. A Casa das Atochas redactado hai un tempo pero de escasa difusión polo momento. Acompañámolo deste outro video da mani extraído de "Reganosa Demolizón".
PARTE I
A MERDA… CHEIRA
Pois ben, imos ó asunto: o sábado 11 de decembro, convocouse n’A Coruña unha mani contra a orde de desaloxo que unha xuiza do xulgado número 5 de instrución d’A Coruña impuxo ó C.S.O. Casa das Atochas. Esta mani foi secundada, segundo a prensa, por unhas 500 persoas que, entendemos, quixiron amosar a súa solidaridade cun centro social que leva máis de dous anos e medio desenvolvendo actividades políticas, culturais e sociais dun xeito tal como non se vera antes nesta cidade. Cómpre lembrar isto último xa que, a fin ou cese de actividades e o intento de pechar e calar este espazo nunca pode ser obxecto de “celebración”; non podemos festexar ningunha victoria dun sistema que esmaga a alternativa social. De ahí esa sensación de rabia e mesmo de impotencia que temos algunhas persoas que alí traballamos [do verbo traballar, si] durante todo este proceso, ocupando parte do tempo que non adicamos a nós mesmxs.
Aclarado isto, enténdese o caracter combativo da mobilización [caracter que tódolxs membrxs da asamblea lle quixemos dar]; algunhas das accións que se realizaron foron obxecto dunha implacable criminalización mediática, que non quedou neses feitos, senon que tratou de estigmatizar toda a traxectoria do centro social así como a historia, imparable, do movemento de okupación.
Para amosar a nosa repulsa a un feito inxusto que afecta ás nosas vidas… pensábase que iamos pasear polas rúas da cidade “en paz e harmonía”? Vaivos ser que non!. isto non é un parque de atraccións.
Entendemos todo tipo de expresión de loita, e non as reprimimos nin condenamos; tampouco se obriga a ninguén a facer aquilo que non quere. Nas asambleas mistúranse moitas destas expresións, sendo todas necesarias, ainda a risco de que parezan palabras esquecidas ou conceptos obsoletos.
Lembremos tamén que, “onde dixen ‘digo’, digo ‘Diego’”; quen nun tempo falou ben de ti, mañá falará mal… Nós seguimos sendo xs mesmxs, antes e despois da manifestación.

PARTE 2
A GRAN BOLA DE NEVE
Vai unha semana longa que “os medios” botan merda enriba de nós. Unha semana longa onde nos choven mentiras e inxurias ca única finalidade de condicionar o imaxinario popular. Semella que o máximo problema “das coruñesas e dos coruñeses” son xs okupas e o seu centro social.
Tanto dá que neste Estado teñamos máis de 4 millóns de paradxs, que se abarate o despido ou se suba a idade de xubilación [e outros recortes sociais que están por vir]… o problema son xs okupas.
Tanto dá que se lle sigan concedendo licenzas urbanísticas a promotoras e construturas para que sigan destruindo a paisaxe e deshumanizando os barrios da cidade… o problema son xs okupas.
Tanto dá que a construción da terceira rolda teña aniquilado a vida de San Pedro de Visma [un dos barrios máis antigos que ainda sobrevivían n’A Coruña
PARTE 3
A UNIDADE IMPRESCINDIBLE
Non nos deixemos enganar como sempre. Sigamos firmes nas nosas conviccións, que cantas máis lombeiradas nos dén, máis claro é o obxectivo das nosas reivindicacións. O que ao sistema non lle interesa, éste transfórmao ou destrúeo… Isto leva moito tempo inventado. O poder é intelixente para tragar as reivindicacións incómodas, dixerilas e vomitalas de tal xeito que lle beneficien. Non creamos as súas mentiras.
Agora é o momento de avanzar xuntxs, sen medo nin temor, porque a verdade está do noso lado, e a rabia e o amor moven os nosos corazóns.
Agora, máis que nunca, non nos separemos! Agora, mais que nunca, reivindiquémonos! Agora, máis que nunca, solidaricémonos! Agora, máis que nunca, CASA DAS ATOCHAS!
OKUPA E RESISTE!!!

1 comentario: