Mentres en Roma transcurría pacíficamente unha multitudinaria manifestación, no resto do país, en cidades como Milán e Palermo se vivían novos enfrontamentos entre os estudantes e a policía.
Despois dos duros altercados da semana pasada, dos que resultaron 60 detidxs e muitos feridxs, esta semana a marcha estudantil na capital italiana sucedía de maneira máis tranquila, apesares do amplo dispositivo policial que blindaba o centro da cidade.
Por outra banda, en Palermo (Sicilia sur) un grupo de manifestantes arroxaban pedras e botellas contra unha comisaría de policía, en Milán (norte) un centenar de estudantes recorreu as principais zonas da cidade co lema 'Vos no Senado, nos na rúa', chegando a rexistrarse alguns problemas illados ante a sede do partido de Berlusconi. A manifestación, non autorizada, conseguía bloquear algunhas vías de circunvalación da cidade e céntricas rúas con enfrontamentos coa policía.
Na capital siciliana, os manifestantes lanzaron ovos, laranxas e petardos despois de non conseguir entrar no Palacio de Orléans, sede da Presidencia da rexión insular, a policía respostou sacando as porras para disuadir aos mozxs.
Os xóvenes tamén se manifestaron en Venecia (noreste),Ancona (este) e Nápoles (sur), onde bloquearon os accesos ao porto e ocuparon os andéns da estación central, dende onde parten os trenes de alta velocidade ao norte do país.
O proxecto de lei para a reforma da Universidade prevé, entre outras medidas, recortes nos fondos destinados á investigación (os máis contestados por parte dos estudantes) e aos centros públicos, así como financiacións á educación privada. Tendencia similar á que aquí se está a producir nas reformas de ensinanza universitaria.
Dende logo que sobran os motivos para luitar e responder a un sistema cada vez máis voraz e elitista.
[información sacada de varias fontes da rede]
25 dic 2010
Continuan os enfrontamentos entre estudantes e policía en Italia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Dende logo que aqui da verdadeira lástima. En toda europa os xoves estanse movendo, por un ou outros motivos, e aquí os xoves fican mirando a tv.
ResponderEliminarTodos a rúa! sobran os motivos!
O día 28 non estaría demais darlles un susto a tantxs burócratas e atontadxs do sindicalismo que lle fan o xogo á burguesía capitalista.
ResponderEliminarPola folga salvaxe...
Voltará maio do 68.