27 may 2010

Grupos Mapuches reemprenden Ataques a fundos en Araucanía e Cortan Rutas



Ngulumapu, 26 de maio – Entre as 5.00 e 6.30 am de hoxe luns permaneceron cortadas as principais vías que circundan Temuco, no centro do territorio do país mapuche. Así a ruta 5, única que comunica a todo Chile, foi cortada en dous puntos con fogatas e árbores atravesadas en toda a vía. O mesmo ocorreu en varios puntos das rutas de Cunco, Ercilla, Carahue, Puerto Domínguez e Victoria, non coñecendo incidentes nin detidos. Os cortes provocaron grandes atascos que duraron polo menos unha hora en toda a zona, ata a chegada da policía militarizada chilena.

Foron 13 puntos onde comunidades mapuches decidiron facer ver a súa molestia polo que chamaron “política del cerdo” do goberno de Piñera, referindose a que o goberno só se escoita a sí mesmo, que fala e fala ocultando o que realmente se pensa, mentres que avanza cada día coa invasión económica e cultural do territorio mapuche.

Os afectados sinalan que, ao mesmo tempo que os invade, eles non teñen ningún espazo onde dialogar cos poderes estatais e dos colonos, a pesar de que se comprometeron moitas veces “mesas de diálogo”. Para os mapuches, o tema do terremoto que utiliza o goberno é só unha escusa, un circo máis, pois nada de axuda chegou ás súas comunidades logo do sismo, segundo propón. Xustifican a acción de hoxe enfatizando que “o estado nos corta a vida, manda a asasinar os nosos líderes, nos arrincona na peor terra, presenta axudas de migallas, elimina o noso idioma, invádenos, inaugura a violencia de mil formas no noso país mapuche e non quere dialogar; nós respondémoslle hoxe cun pequeno corte de rutas".

Os mapuches mobilizados sinalaron que só se identifican como membros do país mapuche tendo en conta que “xa existe conciencia en todos os que posúen mapuche rakizuam (pensamento mapuche) que mentres se dean as actuais condicións de descoñecemento do actor político e social chamado nación mapuche non queda máis que mobilizarse de calquera forma e cada vez que se poida, a pesar da violencia estatal" concluíron.

[extraído de salvajes.entodaspartes.net]

No hay comentarios:

Publicar un comentario