Actualizamos a información acerca da folga do metal en Vigo, como vos prometiamos no artigo anterior e vimos de saber que retoman a convocatoria de folga @s afectad@s polo convenio para mañá e extenderá-se a todo o sector (con outros convenios) o venres.
Échenos o mesmo que cheguen a acordo ou non, o que sí sabemos é que @s traballador@s do metal afectad@s polo convenio e que ate non fai moito estaban nas rúas dando caña, poñénse de novo en folga a partir de mañá (xoves 11) e o venres exténdese ás empresas do sector con outros convenios.
Segundo soubemos por informacións de primeira man, a decisión de desconvocar onte a folga por achegamento de posturas cos empresarios por parte dos sindicatos, non sentou moi ben a algúns traballador@s. E ainda por riba esta tarde non deron chegado a acordo. Así que retómase a folga e supoñemos que con máis ganas e máis resentimento e indignación...
Vamos, que promete...
ABAIXO OS PARTIDOS E SINDICATOS!!
ARRIBA AS ASEMBLEAS E PIQUETES!!
10 jun 2009
@s traballador@s do metal voltan ás rúas mañá xoves (11/06/09)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario