Facemos un chamado a dúas semanas de solidariedade internacional con todos os encarcerados da guerra social, do 15 ao 28 de xuño do 2009. Que cada un actúe da forma que xulgue máis oportuna.
Condenados a suar para o xefe ou a apandar con dous duros, a sobrevivir nos barrios organizados segundo as necesidades da economía e da policía, a tragarse horas enteiras de leccións dun profe sen rechistar, a xustificarse diante do asistente social por unhas migallas, a entregar o teu corpo á batas brancas, sempre hai algo pracenteiro en atacar o que nos asoballa e saber que non estamos sos. Que uns obreiros estragan a sede dunha empresa, que os rapaces rebélanse contra o seu profesor ou que os sen papeis incendian un centro fechado para inmigrantes, móstranos que a conflictividade non está disposta a esperar.
Contrariamente ao que afirman os políticos de todo tipo sobre a “crise” mundial, o Estado non está separado do Capital: son as dúas sucias caras dun mesmo sistema. O Estado non só garante a pacificación armada, senón que tamén asegura funcións esenciais ao bo funcionamento dunha relación social baseada na explotación e o control que a acompaña. Ao igual que é inútil humanizar a tortura e a encarceración, a única reforma posible de toda dominación só pode ser a súa destrución.
O cárcere non é un monstruo afastado, agochado detrás de altos muros e torres. Non soamente se traga cada día a máis persoas, senón que se atopa xa nas nosas vidas. É a ameaza permanente que planea sobre as nosas cabezas e a dos que rexeitan a orde deste mundo. Polas boas ou polas malas, non queren facer aceptar o permanecer confinados nas gaiolas que nos impuxeron. Porque a prisión social encerra, controla e dirixe os corpos e as mentes, da escola ao curro; fronteiras palpables durante a máis mínima redada do peiteado policial; dos tranquilizantes ás gardiáns da relixión e a moral. Instalando o medio dun encerro aínda máis espantoso, trátase de manternos a todos presos dunha sociedade onde a atomización e a privación de liberdade son unha das necesidades do reino da mercadoría.
Desde fai máis dun ano en Francia, son moitos os que están encerrados e inculpados por “asociación con obxectivo terrorista”, cuxo obxecto será especialmente “o odio do Estado, do capitalismo e os seus aparellos”. O último exemplo é o de tres compañeiros de Chambéry encarcerados baixo o pretexto da explosión dun artefacto artesanal. O poder intenta, sobradamente, asustar a todos os que non baixan o corpo, que deciden devolver un pouco da violencia que nos fan sufrir cada día, que loitan sen mediación e fóra do marco institucional (dos disturbios nas cidades ás revoltas nos centros de retención). Pouco importa que sexan “culpables” ou “inocentes” – deixémoslles esas categorías ao inimigo –, o poder nunca conseguirá romper un indiscutible sono de liberdade anclado nas nosas vísceras e corazóns, nin tampouco a conter a loita sen concesións contra este sistema de guerra, de opresión e de miseria.
Porque estes casos só son un exemplo entre outros da presión que se xeneraliza, porque a solidariedade activa tamén é unha oportunidade de intercambiar e compartir a nosa rabia para volvela contra o que explota e encerra, facemos un chamado a dúas semanas de solidariedade internacional con todos os encarcerados da guerra social, do 15 ao 28 de xuño do 2009. Que cada un da forma que xulgue máis oportuna (desde manifestacións a ocupacións, desde bloqueos económicos ata sabotaxes dos intereses do Estado e o Capital, desde pintadas ata pancartas, desde lumes artificiais ata bengalas,…) exprese o seu antagonismo contra todas as formas de avasallamento cotiá.
Ataquemos todo o que nos destrúe, Lume a todas as gaiolas.
solid@riseup.net
[Texto extraido de klinamen.org]
15 jun 2009
Dúas semanas de solidariedade internacional con todos os inculpados da guerra social
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario