8 jun 2009

Non queriades caldo, tomade dúas tazas...

[Crónica-reflexión sobre as últimas xornadas de loita do metal]
Non é sorprendente que en tempos de crise como os que estamos a viver, salte a chispa dun clásico en Vigo, de novo unha folga do metal reaparece na cidade olívica.

Durante varias mañáns reina o caos, as barricadas e o lume, lembrándonos antigas loitas de folga permanente e autonomismo obreiro… Se nas folgas de Ascón, naqueles tempos convulsos, se entonaba o “¡Jei, jei, resistirei!”, agora podías escoitar “¡Lume, Lume, Lume…!”, ao pé da barricada formada en cualquer recuncho.
De novo saen os grupos de incontrolados a sementar o caos en Vigo, o “salvaxismo” que tanto asusta á patronal e os currelas, máis unidos que nunca, demostran do que son capaces… As autoridades tremen.
¡Quen os vira en loita permanente contra todo este sistema putrefacto!

A primeira xornada de folga, o mércores 3 de xuño, predecíase tranquila, así corría a voz por Vigo. Mas unha vez concentradxs na Praza de España, ata @s que non somos do metal presentimos que algo ía suceder. Respirábase no ambiente esa inquietude propia de quenes non se queren resignar, había que incidir na normalidade. E non houbo que aguardar moito, pois foi cuando de súpeto a típica listilla con presa cólase co auto burlando o corte de tráfico. Pero para listillos nós… inmediatamente os traballadores rodean o auto e aparecen as grilleiras cos antidisturbios que empezan a cargar…
Comeza a guerra.
A golpe de indignación e berros decídese baixar a Barreras (o estaleiro máis grande de Vigo). Para enfrentarse ás forzas da orde en igualdade de condicións é importante coñecer o terreo sobre o que nos imos mover. Parecía, de novo, unha viaxe na máquina do tempo ás expropiacións das fábricas de antano.
Querían lume e fixeron lume, e moito. Barricadas incendiarias fechaban os accesos ao estaleiro, uns a defenderse dende o alto do muro do estaleiro dende onde había boa visibilidade da rotonda onde se concentraban os antidisturbios, outros a cubrir as zonas de acceso, cargados de tirabolas, parafusos, foguetes… Todo vale para facer recuar aos madeiros que non dubidaban un intre en lanzar bolas de goma e botes de fume.
Finalmente, salteando estes inconvenientes, foi posible un maior achegamento aos robocops que determinaron por fuxir da chuvia de parafusos que recibían tan de preto.
En fin, currelas 1- policía 0.

Ao dia seguinte, xa o sexto dia de folga, non era necesario nen falalo, había que responder á provocación policial do dia anterior. E reunidos dende as 7 da mañá en Barreras, decidiuse colapsar o centro de Vigo. Eran miles as persoas que se lanzaron polo casco vello berrando máis “¡Lume!”, á vez que se poñía en práctica coa queima dos contenedores e se tiraban vallas, barricando un día máis as rúas viguesas.
A cidadanía asistía perplexa ao caos da cidade, mais en xeral, cómplice e solidaria cos manifestantes, e vendo a crudeza da actuación policial, axudaban dando pistas de onde podían estar as grilleiras, que a máis de unha lle colleron por sorpresa saindo das calexas da zona vella.
Chégase ata o concello e alí a policía recrudece a represión e empeza a cargar arbitrariamente entre o desbaraxute, a diestro e siniestro, sen importar quen estivera (nais con fillos, avós paseando…), facendo alarde, unha vez mais, da sua impunidade á hora de reprimir e, claro está, da sua inhumanidade.
Non podían permitir que se extendera a revolta por toda a cidade e para evitalo, utilizan a estratexia de contención, evitando que os traballadores do metal expandan a sua loita máis alá dos estaleiros. E así, no concello, a forte carga policial logra finalmente que se decida de novo baixar a Barreras. Neste senso, a victoria a ten o poder, xa que consiguen recuperar a normalidade na cidade e recuar aos traballadores ao estaleiro, onde non molestan. Mas tampouco podemos negar que alí hai moitos máis medios ao alcance para de novo enfrentarse con quenes están a reprimir duramente. Quen rebatiría que isto tamén ten moito de vinganza…

En pé de guerra fórmase unha outra batalla campal no estaleiro. Unha batalla máis intensa en número de participación con respeito ao día anterior e incluso diría que en sentimentos de rabia e vinganza…
Non podo deixar de esbozar un sorriso no meu rostro cuando penso no fácil que resultou auto-organizarse espontánea e autónomamente para facer unha pequena revolta, porque así é como a vexo, con aires de lembranza dun tempo de loitas autónomas obreiras como a que se viviu en Ascón. Veme o sorriso cuando vexo que ainda existen ganas de combatir e non deixar que nos tomen por tontxs, defendernos dun sistema que nos aniquila coa sua violencia diaria, que nos quere facer pagar a sua propia crise. Ríome con gusto cuando a indignación se leva a práctica coa acción directa, sen mediación, sen mendigar limosnas ao poder. Son momentos nos que desaparece todo rastro sindical: nen paz social, nen pacto sindical. Momentos nos que tes a centos de compañeirxs por unhas horas aos que non lles coñeces o rostro (nen queres coñecerllo) pero polos que o darías todo, momentos de apoio mutuo…
Como disfruto cuando vexo como se retoma o control das nosas propias decisións…

Son moitas as que opinan que esas non son as formas para levar a cabo unha loita, opinións que criminalizan a violencia. E é que o auxe da moralidade pacifista demócrata na actualidade ainda agrava máis a nosa condición de reprimidos. A paz social é implantada por decreto, e sen embargo a guerra permanece ainda nas nosas entrañas. E non pode ser doutra forma, cuando estamos en permanente tensión recibindo a violencia do sistema, a única violencia que está xustificada e lexitimada: dos patróns aos seus traballadores, dos governos aos cidadáns, dos profesores aos alumno, e da constante escravitude cotidiana que vivimos ao longo das nosas vidas (educación, traballo, ratos libres -para consumir libremente, claro está-, a publicidade e os seus cánones, o civismo, a anulación absoluta das expresións pasionais e naturais, a culpabilidade cristiana…).
¿Como imos combatir este sometimento, esta dominación? ¿Poñendo a outra meixela? ¿Combatir a dominación, sendo dominadas? Que saia a furia, a rabia, as ganas de destruir o que nos está matando. Esa será a forma de combatilo realmente… Os bos civilizados «moitos inimigos do Imperio, desexosos de vencelo, sí, pero con boas maneiras»* , aquelxs que non comprenden que que están alongando a agonía mentres din que «comparten a disidencia pero non o odio, comprenden a indignación pero non a rabia; lanzan eslóganes de protesta pero non berros de guerra», consumen as suas vidas mentres esperan poder comezar a viver. A resignación é un suicidio cotidiano, e se o traballo é saúde… que traballen os enfermos.

Dende logo que, como anarquistas, consideraremos a revolta en todas as suas formas. Non se trata de buscar unha solución política, isto é unha loita social dun momento e nun lugar concretos, onde nos autorganizaremos individuos apasionados e en tensión co poder e o sistema. ¡Que mais xustificación que esa!
Momentos que nacen da consciencia de ser dominadas.
Porque non nos cansaremos de dicir que ningún acto de revolta é inútil…

"Como me tratan de gato salvaxe, póñome a roubar galiñas" Refraneiro popular

-------------
* Bárbaros, la insurgencia desordenada.
Edición Biblioteca Social Hermanos Quero, Granada, 2006.

[ampliaremos con nova información nos próximos dias]

2 comentarios:

  1. Xa están os apagalumes acercando posturas...
    Mañá desconvocouse a folga. A ver se sigue pasado...
    Aparece na Voz. Enlace:
    http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/06/09/00031244562436686336438.htm

    ResponderEliminar
  2. a autoorganizaçom é a chave das victorias, nom as havera sem ela. A açom directa.

    Compartir a idignaçom mas nom a raiva, a disidencia mas nom o odio, etc. quer dizer nada máis e nada menos que compartir a teória mas nom a praxe é dizer: Nom compartir nada. O futuro nom passa por quem fala com a boca por um lado e pom a man polo outro.

    Avante a luita ejemplar dos trabalhadores do metal!

    ResponderEliminar