8 jun 2009

AMADEU CASELLAS ABANDONA A FOLGA DE SEDE, POR MOTIVOS DE SAUDE, E SEGUE ADIANTE COA FOLGA DE FAME. AS REPRESALIAS CONTINUAN

Estamos á espera de recibir un comunicado de Amadeu explicando os últimos acontecementos, pero de momento explicámosvos o que puidemos saber despois da visita de súas abogadxs, hoxe 3 de xuño de 2009.
[noticia extraida de klinamen.org]

En primeiro lugar comentar que o seu estado de saúde se está deteriorando preocupantemente. Estas tres días de folga de sede empeoraron sua xa maltreita situación. Despois da revisión médica a día de hoxe, a doutora advertiulle da gravidade da súa situación e do perigo que corría de sufrir unha insuficiencia renal se continuaba sen tomar auga. É por isto que deixa a folga de sede, aínda que segue adiante coa de fame, pois a situación estase empeorando.

O sábado día 30 de maio, lle foi visitar á enfermería –que é onde se atopa fai días- o director de Brians 2, Pedro Domínguez, advertíndolle de que ian tomar represalias contra el. Amadeu, que xa se adiantou a estas represalias facendo un escrito ao Xulgado de Vixianza Penitenciaria, recibiu o luns por escrito a materialización das mesmas: prohibición de comunicacións orais con todas as persoas autorizadas a excepción dos familiares e intervención da entrada e saída de correo. A isto sumouse un rexistro que deixou a cela estragada e no que se lle requisou documentación e obxectos persoais, que foron retornados ao día seguinte.

Estas decisións que veñen directamente da dirección da prisión, arguméntanse nun suposto “risco para o persoal e o centro”, xa que estabrecen unha conexión directa entre os comunicados de Amadeu publicados na rede e algunhas “accións violentas contra materiais e persoas” "de grupos antisistema". En concreto refírense a un ataque contra o CIRE (27/05/2009) e unha manifestación do 30/05/2009, ambas en Barcelona. Explican ademais que os últimos comunicados de Amadeu denuncian a certas persoas pertencentes á Institución carceraria, deixando entrever que só o feito de denunciar a personaxes como Montserrat Tura ou Albert Batlle pódenlle supoñer problemas.

Nos pensamos que todo isto non son máis que represalias por manter unha actitude de loita constante e por estar denunciando mortes, inxustizas e trapicheos cometidos dentro das prisións catalás. Consideramos que Amadeu non ten ningunha responsabilidade sobre as accións que a xente solidaria poida emprender de forma anónima. O intento de reprimir a solidariedade incomunicándoo a el non ten ningunha eficacia, a loita na rúa non cesará posto que non depende del, brota de forma espontánea e horizontal, e seguirá existindo mentres quede unha soa presa encerrada.

Como vedes a situación está bastante tensa non só polo delicado estado de saúde de Amadeu, se non tamén pola actitude represora da prisión, desde o director ata os carcereiros están ao tanto da situación e contribúen a crear este clima de tensión. @s abogadxs explicáronnos que lles someteron a un control máis severo do normal.

Somos conscientes de que nestas últimas semanas houbo certa confusión e falta de comunicación por parte dos distintos grupos que estamos apoiando a Amadeu. Por un lado as restricións de comunicación con Amadeu, -a partir de agora máis- fannos difícil ter a súa opinión de forma directa e inmediata; por outro, o illamento ao que está sometido que lle impide ter unha visión clara dos acontecementos no exterior; e finalmente as diferentes visións que temos cada grupo de facer real o noso apoio, cremos que son as causas desta situación enrarecida, pola que pedimos desculpas no que aos nosos erros respeita. En calquera caso nos seguimos adiante máis dispostos que nunca, pois a situación requíreo.

Pedimos a máxima solidariedade de maneira urxente, nas múltiples formas que creades oportunas, ata que Amadeu estea libre.

1 comentario:

  1. Os apagalumes están acercando posturas...
    Se deseconvoca a folga mañá. Aparece na Voz de galicia.
    Enlace: http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/06/09/0003_7772980.htm

    ResponderEliminar