Unha bomba artesanal colocada hai unha semana nun local de comida rápida dunha estación de metro de Santiago de Chile, que comportou o tráxico saldo de catorce transeúntes feridos, desatou a histeria nos medios de comunicación chilenos. O branco inequívoco dos dedos acusadores e as linguas viperinas da prensa e os políticos son @s anarquistas; responsables, por outra banda, de máis dun centenar de bombazos sucedidos durante a última década en territorio chileno (polo de agora sen máis vítimas que dous dos seus perpetradores en senllos accidentes).
Pois ben, ata hoxe estiven a esperar a aparición dun posible comunicado reivindicando a autoría, así como as necesarias reflexións de compañeir@s anarquistas do outro lado do charco. Do primeiro, polo de agora, nin flores. Do segundo, máis ben escasas ata a data, enlazamos máis abaixo o pouco que atopamos.
Na miña humilde opinión imponse a necesidade de, dende o anarquismo militante, reflexionar publicamente sobre estes feitos. Posto que, ou ben son obra de grupos paraestatais, co único fin de desprestixiar a loita revolucionaria anticapitalista, sumíndoa no máis absoluto dos oprobios e afastando calquera simpatía popular de quen a practica; ou ben é obra duns completos descerebrados que, confundindo o touciño coa velocidade, cobren de merda sexa cual sexa a causa que defendan.
E é importante facer esta análise porque, se se trata dun atentado orquestrado dende o poder, o noso silencio allana o camiño; e se @s responsables saíron do ámbito antiautoritario, imponse a necesidade dunha reflexión sobre a estratexia e a táctica da loita armada e, máis importante se cabe aínda, sobre a ética mesma que move os nosos impulsos libertarios.
Asinado por C.R.
Dito isto, que non subscribe ninguén máis que quen o asina e non necesariamente o medio onde sae, procedo a colgar enlaces a reflexións sobre estes feitos dende medios anarquistas máis próximos xeograficamente ao lugar dos acontecementos:
En Hommodollar -AQUÍ, -AQUÍ, -AQUÍ e -AQUÍ
En Publicación refractario -AQUÍ.
Agradeceríanse, ben a través dos comentarios ben a través do correo electrónico, novos enlaces ou outras achegas que poidan enriquecer o debate.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Este debate dáse cada certo tempo, lembrémonos do sucedido en Grecia non fai moito. Para min esta forma de accionar non é de carácter antiautoritario e paréceme unha salvaxada. Comezando por ahí.
ResponderEliminarA min soame a montaxe policial. E moi dfícil levar a cabo unha cagada así(no caso de que a acción surxise dentro de círculos antiautoritarios) e pretender ocultála por moito tempo.
Por outra banda, podería ter surxido de ambientes anticapitalistas de corte máis comunistas. Xa sabemos que para moitas destas bandas armadas ás veces as víctimas son "danos colaterais", no Estado español sobran exemplos. Pero tamén o descarto, porque tievesen feito un comunicado
Tendo en conta o contexto inmediato no que se encontra o territorio chileno agora, a min isto cheirame a montaxe.
ResponderEliminarPor un lado, aproveitando o bombazo anterior que estoupou no metro hai un mes ou así, este último é unha oportunidade estupenda para sembrar terror e introducir o tema da lei antiterrorista e as reformas que o goberno da Bachelet quere implantar. É incrible todo o que está a sair nas teles e xornais chilenos estos días. "Vuelve el terror" dicen os titulares falando do bombazo. E apuntando, como non, a anarquistas, e incluso a grupos de estudiantes.
Por outra parte, xusto antes de estoupar esta última bomba, nos metros de Santiasco levaban cinco días seguidos evadindo a pasaxe en masa. Agora, gracias á bomba, aumentaron inxentemente a presenza policial nos metros (e tamén na rúa).
E por último, a bomba estoupou uns días antes do 11 de setembro. Perfecto para aumentar a presenza policial e os controis na rúa.
Os falsimedios están levando unha política do terror da ostia, e todo nun contexto que non lles podía ser mellor. Eu creo que é unha montaxe, e que aínda están doidos polo mal que lles saiu o caso bombas. De feito, estes días, anularon o xuízo no que Victor Montoya saira libre, despois dun ano de cárcere preventiva por atentado tendo.como únicas acusacións que era vegano e tiña tatuaxes. Montoya vai ter que volver someterse a un novo xuizo, e para min iso dá mostra da caza de bruxas que se prepara.
Recordemos que o goberno de Bachelet de hai catro anos foi o que levou a cabo as leis de "seguridade ciudadana" máis represivas dos últimos gobernos.
Non sei, a ver que pasa...
Firmo ahora mismo aquí debajo. 100% con Víctor Muñoz
Eliminargoogle 1415
ResponderEliminargoogle 1416
google 1417
google 1418
google 1419
google 1420