Recebemos de urxencia esta convocatoria solidaria, organizada polas compas do Grupo de Apoio da Galiza Sur, para con o compañeiro Emilio Sánchez del Peso, preso social e libertario en folga de fame dende o 14 de agosto e participante da Campaña Cárcere=Tortura no CP A Lama, de quen xa temos informado neste blogue.
Tambén aportamos a seguinte foto, realizada por GZ Contrainfo durante as "IV Olimpiadas Populares Galegas" realizadas neste pasado fin de semana na aldeia da Canosa no concelho do Rosal, e na que vese a faixa de apoio a Emilio que permaneceu pendurada durante os encontros, e que nos foi facilitada por unha siareira do blogue quen aponta a que, no transcorrir das Olimpiadas, tambén foran repartidos panfletos informativos sobre a súa situación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario