25 sept. 2014

Nin Ucraíno nin Ruso! - Desenvolvamos o noso propio campo, o terceiro campo, o da revolución social

Colamos (traducido) da web Proxecto Ferrer este documento publicado polo grupo comunista libertário "Guerre de Classe", acerca dos acontecementos na Ucranía con moi boa información e análise:

Cando escribimos hai algúns meses no noso texto: "Preparativos de guerra entre Ucraína e Rusia - Espectáculo ou realidade?"[1] que as condicións dunha nova guerra maduraban en Ucraína, moitos compañeiros expuxeron dúbidas ou ata desacordos con afirmacións categóricas. Agora podemos confirmar que o conflito en Ucraína claramente permutou da fase "fría" á fase "quente" e o que presenciamos actualmente no leste do país, é unha guerra baixo todas as súas definicións. De Lougansk na fronteira con Rusia ata Marioupol sobre a costa do mar Negro, hai dúas forzas militares que se miden en enfrontamentos diarios tratando de estender a zona baixo o seu control, peléxanse no chan así como nos aires, no campo así como nos centros industriais, a artillaría fai chover granadas sobre pobos, a aviación bombardea cidades (baixo o pretexto de que os seus inimigos utilizan os habitantes como escudos humanos), homes, mulleres, nenos morren polas bombas e os mísiles... En catro meses de conflito armado, máis de 2000 civís e militares morreron e outros 6000 foron feridos; 117 mil proletarios foron desprazados no país e outros 730 mil encontraron refuxio en Rusia. No momento de completar este artigo, os cadáveres cobren as rúas de Donetsk, presos nas poutas da ofensiva gobernamental.

No mesmo texto, escribimos tamén que a única resposta do proletariado á guerra, é organizar e desenvolver o derrotismo revolucionario, é dicir, negar na práctica a alianza a un ou outro campo, senón pola contra establecer vínculos entre os proletarios de ambas as dúas partes do conflito a través da loita contra as dúas burguesías. E aínda neste terreo, se desenvolveron as cousas, o noso texto é polo tanto (tres meses despois da súa publicación) unha posdata.

Este texto está baseado en información de diferentes fontes (que citamos nas notas), blogs de militantes así como dos medios oficiais. Esta breve descrición dos acontecementos en Ucraína tomounos horas dun traballo prudente, solicitando información, lectura de textos, revisión de videos, comparando diferentes datos, etc. Queremos subliñar dúas cousas: primeiro, o feito de que os eventos que describimos aquí non fosen cubertos por France Télévision ou Euronews non significa que non acontecesen, non significa tampouco que nós os inventáramos (diversas fontes de esquerda, pero tamén os medios ucraínos e rusos os describiron). Segundo, é claro que a información que obtivemos de Ucraína é caótica, incompleta e ás veces contraditoria. Non obstante, iso non nos fai abandonar o noso intento de documentar o que está a pasar alá. Estamos persuadidos que debemos opoñer, as informacións elixidas polo Estado, unha posición crítica e radical do movemento anticapitalista; debemos desenvolver e compartir a información e as análises que comprenden o mundo a través do prisma da perspectiva revolucionaria.


A ideoloxía guerrilleira (xa sexa que estea baseada na defensa dun Estado nacional unido ou no dereito á autodeterminación dos simpatizantes pro-rusos) comeza a enraizar en Ucraína, as organizacións da sociedade civil organizan campañas de colecta de fondos para apoiar ao exército, os "representantes de Deus" bendicen as armas dun campo ao outro, e a televisión difunde as escenas de babushkas que proporcionan aos homes armados o seu ultimo frasco de marmelada.

Os proletarios non obstante non se someten ao lavado de cerebro da propaganda de guerra proveniente dun ou doutro bando, non todos se queren sacrificar "pola súa patria". As expresións de negativa á práctica dos masacres da guerra aínda aparecen con máis frecuencia e en ambos os dous lados do conflito teñen grandes dificultades para recrutar novo persoal para o seu masacre mutuo.

Miles de soldados do exército ucraíno, que o goberno enviou nas supostas operacións antiterroristas no Oriente do país, desertaron ou cambiaron de bando con todo o seu equipo, incluíndo tanques e vehículos blindados. Por exemplo, a brigada 25 aeroportuaria ucraína (tropas de elite por excelencia) cuxos homes son acusados de "demostrar covardía" durante os combates en Kramatorsk, disolveuse por instrución presidencial o 17 de abril despois de facer evidente o seu rexeitamento "para combater outros ucranianos"[2]. Recentemente, son 400 soldados da mesma unidade que desertaron e fuxiron ao lado ruso da fronteira despois de encontrarse baixo lume intenso e sen munición. Estes soldados que serán, como a Rusia xa anunciou, extraditados cara ao territorio de Ucraína, declararon que prefiren ser acusados de deserción en lugar de seguir asasinando e ser asasinados na guerra e morrer na fronte oriental. Todos estes desertores din que non queren loitar contra "o seu propio pobo" e tamén denuncian as condicións de vida desesperadas ás cales se deben enfrontar no exército - pésimo soldo, comida noxenta ou mesmo falta de alimentos, etc. Outras unidades aínda non se despregaron no leste pola súa falta de fiabilidade. Da mesma forma que o anterior presidente Ianoukovitch non puido utilizalos para reprimir os manifestantes, menos aínda o actual goberno ousa enviar ao combate as tropas coñecidas pola súa lealdade mínima.

Uns 1000 soldados de unidades na rexión de Volinia amotináronse en Mykolayiv o 29 de maio. Os soldados do terceiro batallón da brigada 51 negáronse a ser enviados á fronte, eles recusaron as ordes dos seus superiores e comezaron a descargar o seu equipo pesado e outros materiais xa preparados para o transporte. Despois de que a súa unidade sufriu fortes perdas durante un enfrontamento cos separatistas preto da aldea de Volnovakha, comprometéronse a regresar aos seus cuarteis permanentes en Rivne. En lugar disto, eles foron desprazados do leste cara ao sur, despois regresaron ao seu lugar de saída, de tal sorte finalmente poderíase dicir que van continuar a súa formación antes de ser devoltos á fronte. Despois de "perder a confianza no seu Xeneral á luz dos acontecementos máis recentes en Volnovakha e durante o funeral en Rivne, así como debido á traizón dos seus xenerais, os soldados comezaron unha rebelión abierta."[3]

O segundo batallón da brigada 51, que se encontraba no cuartel de Rivne ao mesmo tempo e que presenciou os funerais dos soldados do 3er batallón asasinados no tiroteo de Volnovakha, así como da dirección caótica e enganosa das operacións, amotinouse tamén. "Os xenerais dicíannos 'imos ao norte', despois 'imos ao sur' ata o punto de que os soldados se prestan aos seus disparates. Os xenerais comezaron a usar chalecos antibalas por temor aos fraggin".[4] Aproximadamente 1,200 soldados participaron no motín, negáronse a ser transferidos a Mykolayiv. Prometéronnos, cando eles foron mobilizados, que montariamos garda entre a fronteira de Ucraína e Belorrusia. Estabamos listos, pero non a arremeter contra estes pallasos de Donbass".[5]

Unha rebelión parecida estalou tamén en Poltava.

Catro días máis tarde, despois de que seis soldados orixinarios da rexión de Volhynia fosen asasinados, as nais, as mulleres e os pais dos soldados da brigada 51 bloquearon as rutas da rexión de Volhinya para protestar contra o continuo despregamento da unidade en Donbass.[6]

As manifestacións e as protestas organizadas polas mulleres e outros parentes dos conscriptos que pedían o regreso á casa dos soldados ou deter a súa partida á fronte estendéronse durante ese tempo a outras rexións de Ucraína (Bucovine, Lviv, Kherson, Melitopol, Volhynia, etc.). As familias dos soldados bloquearon as estradas coas árbores caídas na rexión de Lviv ao principio de junio.[7] Una manifestación de pais bloqueou a entrada da oficina de recrutamento militar en Lviv algúns días máis tarde.[8] En Iavorivo (rexión de Lviv), os membros dunha familia ocuparon un terreo de adestramento da brigada 24 mecanizado e esixiron deter a partida cara á liña do frente.[9] Las manifestacións dos pais en Dnipropetrovsk e Kharkov esixiron o regreso dos batallóns ás súas rexións natales.[10] As mulleres de Kharkov ocuparon o aeroporto militar local. A oficina de recrutamento militar local en Kherson estivo ocupada polas nais e os esposas dos soldados. Elas esixiron o fin da guerra con frases como: "Mulleres contra a guerra", "Onde fan, os fillos dos oligarcas, o seu servizo militar?" ou "Os nosos nenos non son carne de cañón".[11] En Tchernivtsi, as mulleres bloquearon a autoestrada cara a Jitomir por varios días e pediron o regreso á casa dos soldados.[12] El 24 de xuño, os pais fixeron unha barreira no quilómetro 125 da avenida Kiev-Tchop, portaban pancartas dicindo "Regresen aos nosos fillos, envíen ao leste aos fillos dos xenerais".[13] El 8 de xuño, un grupo de 100 pais de soldados bloquearon as tropas da 3033 unidade militar con base en Melitopol, na rexión de Zaporojie. A protesta logrou impedir o envío dos soldados á fronte. Os pais involucrados no movemento de protesta tamén protestaron, a propaganda estatal que os describe como os "separatistas pro-rusos": "onte a noticia dixo que 'os separatistas pro-rusos organizaron un bloqueo da unidade militar' Pero non había ningunha mención de Rusia na porta de entrada da unidade militar! Nós non queremos perder os salarios da nosa familia (...): Donetsk é un masacre e os nosos fillos teñen de 20 a 21 anos. (...) Venos, nós somos nais!, Como poden chamarnos separatistas?" declaraba unha das protestantes.[14] As nais e as esposas dos soldados protestaron contra o avance á fronte, na base militar de Ternopil o 15 de julio.[15]

E esta non é a primeira vez que as familias dos soldados se enfrontaron a unha acción militar. Durante o período no cal o resultado foi, en última instancia, a caída do anterior presidente Ianoukovitch, pais e outras persoas organizaron encontros fronte aos cuarteis, discutiron cos soldados para levarlles información sobre o que realmente estaba a pasar nas rúas e convencelos a negarse a participar nunha represión potencial contra os manifestantes.

Mentres tanto, novos homes continúan sendo recrutados no exército. Mesmo se eles deben ser recrutados como parte dun servizo militar obrigatorio, o goberno fainos pasar por voluntarios. "Non somos voluntarios (...) non queremos asasinar persoas (...) non iremos a ningún lado, imos eliminar os nosos uniformes e volveremos á casa", proclamaron os recrutas nun mitin de protesta en Lviv.[16]

Despois da entrada en vigor do decreto presidencial de Porochenko acerca da terceira onda de mobilización das forzas militares o 24 de xullo, cuxa consecuencia é o envío de miles de proletarios á fronte, os disturbios estalaron en varias localidades en Ucraína de oeste cunha maior forza: na cidade de Voloka, toda a poboación resistiu ao recrutamento de 50 homes. "Eles comezaron, que eles mesmos resolvan os seus problemas. Morreremos pero non daremos os nosos fillos. Deben comprendelo e non vir aquí con ordes de mobilización" declara un ancián manifestante.[17] Os pais dos soldados bloquearon unha estrada preto da aldea de Korovia o 25 de xullo esixindo o fin da mobilización e que os fillos das autoridades públicas fosen enviados ao frente.[18] O mesmo día, unha estrada no distrito de Oboukhivs'kyi, próximo a Kiev, foi igualmente bloqueado por familiares de soldados. Os bloqueos continuaron dende o 28 de xullo en polo menos 7 localidades na rexión de Bucovine e a estrada Kiev-Tchop foi tamén bloqueada, unha vez máis. Durante unha manifestación anti-guerra en fronte da oficina de recrutamento en Novoselysa, os manifestantes atacaron un membro do consello municipal que intentaba falar con ellos.[19] Os habitantes de moitas localidades da rexión de Ivano-Frankivsk entraron con forza na oficina da administración militar local o 22 de xullo e prenderon unha fogata coas ordes de mobilización e outros documentos concernentes á mobilización. O mesmo feito tivo lugar o mesmo día en Bogoodchany.[20] En diferentes aldeas, as persoas incendiaron masivamente os seus documentos de recrutamento distribuídos polo correo postal.[21] En Moukatchevo, en Transcarpathie, a situación agravouse a tal punto que o comando militar local que estaba preocupado porque as protestas se mantiñan, polo momento, suspendeu a mobilización e prometeu que ningún dos habitantes locais sería enviado á fronte nun futuro próximo.[22] Otras mobilizacións militantes contra a guerra sucederon novamente na rexión de Zaporojite o 4 de agosto así como en fronte do parlamento en Kiev ao seguinte día.[23]

Kiev que actualmente non pode confiar no seu exército regular, depende polo tanto de exércitos privados duns cantos oligarcas e a garda nacional, unha milicia de voluntarios principalmente formados de nacionalistas do Pravyi Sektor (sector de dereita) e do partido Svoboda (Liberdade) durante o movemento de protesta contra Ianoukovich. As novas unidades da garda nacional non están principalmente formadas para accións militares, senón principalmente para reprimir as protestas das masas e os motíns como foi revelado durante o seu desfile en Kiev a finais de xuño. Por outra parte, centos dos fascistas da Asemblea Nacional de socialistas e os patriotas ucraínos xa atacaran en xuño unha manifestación contra a operación anti-terrorista que acontecera en Kiev.

Non obstante, os membros da Garda Nacional non están fóra das contradicións que sacoden as dúas frontes. Radio Europa Libre recentemente publicou un video[24] que mostra a un soldado da Garda Nacional que reprocha ao goberno de non ser capaz de proporcionar suficiente alimento, auga e armas aos voluntarios. "Somos utilizados como carne de canón" afirma el. As condicións materiais alcanzan mesmo aqueles que pensan que están ideoloxicamente por enriba delas.

Os mercenarios provenientes do mundo enteiro loitan tamén no campo de Kiev, foron contratados polo goberno ou por axencias privadas (trataríase de tropas mercenarias de Polonia, de República Checa, da ex Iugoslavia, pero tamén da rexión de África ecuatorial).

O recrutamento de novos combatentes non avanza segundo a sorte dos señores da guerra local, e no campo dos separatistas tampouco. A maioría dos mineiros da rexión de Donbass segue rexeitando unirse ao seu bando. En lugar disto, eles formaron unidades de autodefensa que se posicionan contra os separatistas e as tropas do goberno. Unha destas unidades enfrontouse aos separatistas e impedíronlles explotar unha mina no poboado de Mikivka. En Krasnodon, na rexión de Lougansk, os mineiros organizaron en maio unha folga xeral e colleron o control da localidade. Eles abertamente negáronse a unirse tanto ao bando dos separatistas "anti-Maïdan" en Lougansk, como ao campo dos oligargas de Maïdan en Kiev, e máis ben esixiron o aumento dos seus salarios así como deter a contratación de man de obra para a mina por axencias privadas.[25]

Os mineiros de seis minas na conca de Donbass comezaron unha folga cara a finais de maio para pedir o fin da operación anti-terrorista no leste do país e a retirada das tropas.[26] Su acción foi o resultado da súa propia iniciativa e non foi imposta de ningún xeito por homes armados da república popular de Donetsk, como afirmaron despois certos medios. Segundo os folguistas, a guerra representa dano para a existencia mesma das minas e provoca o desemprego. "O luns 26 de maio, no momento en que o exército ucraíno comezou o bombardeo dos poboados, os mineiros non regresaron simplemente ao traballo, polo "factor externo" de hostilidades, sucedido case na súa porta, que aumentou seriamente o risco de accidentes de traballo. Por exemplo, se unha bomba tivese golpeado a sub-estación eléctrica, os mineiros terían quedado presos baixo terra, e iso tería significado inevitablemente a muerte".[27] A folga foi iniciada por uns 150 mineiros da mina Oktiabski e estendeuse como unha reacción en cadea a outras de Donetsk (Skochinskiy, Abakumov, "Trudovskaya", etc.), pero tamén a minas doutras cidades, en particular Ougledar ("Yuzhnodonbasskaya n°3"). Nas minas nas cales o propietario é Rinat Achmetov, o home máis rico de Ucraína e que posúe un imperio industrial controlando case toda a parte oriental do país, os traballadores foron forzados a traballar, continuaron descendendo nas foxas, a pesar dos bombardeos das inmediacións. Por iniciativa de mineiros da mina Oktiabrski igualmente (e outra vez sen ningún sustento da república popular de Donetsk), unha manifestación anti-guerra de miles de participantes foi organizada o 28 de mayo.[28] El 18 de xuño, miles de mineiros de novo manifestáronse no centro de Donetsk polo fin inmediato das operacións militares. Os participantes argumentaron que non eran separatistas, senón a xente ordinaria de Donbass. Tamén declararon que se o goberno de Kiev non respondía ás súas esixencias, eles tomarían as armas.

Os separatistas así como os oligarcas locais pro-Kiev intentan manipular e interpretar estas asembleas caóticas e contraditorias en función dos seus propios intereses. Rinat Achmetov, o oligarca de Donetsk, organizou a súa propia "folga" pola Ucraína unida, os separatistas pola súa banda trataron de facer pasar as manifestacións de mineiros como unha expresión dunha posición pro-rusa dos traballadores de Donbass.

A pesar das consignas nacionalistas ou separatistas que aparecen nas manifestacións de mineiros, os traballadores non desexan unirse á Milicia Popular de Donbass. Un dos comandantes separatistas Igor Girkin, recentemente queixouse en público de que os locais tomaron as armas do seu arsenal, pero en lugar de estar ao servizo das milicias separatistas, as levaron ás súas casas para protexer as súas familias e as súas vilas contra ambos os dous bandos do conflicto.[29] Os separatistas continúan confiando nas bandas criminais locais que (despois de ser pagados) lles permitiron coller o control dos edificios públicos, oficinas de policía, depósitos de armas, de grandes estradas e dos medios de comunicación na rexión de Donetsk e de Lougansk. A maioría das forzas separatistas está, non obstante, formadas de mercenarios provenientes do outro lado da fronteira (rusa), en particular de vellos combatentes das guerras en Chechenia.

Se o movemento anti-guerra real, o movemento de derrotismo revolucionario, quere ter éxito, debe converterse non só en masivo e xeneralizado, senón debe tamén organizarse e estruturarse. Non temos senón un pouco de información sobre as estruturas organizativas do movemento en Ucraína. Podemos concluír na existencia de certas estruturas a partir dos eventos mesmos (as manifestacións ou as folgas repetidas por miles de persoas non poden ser o resultado dunha explosión espontanea de cólera, do mesmo xeito que as protestas dos pais dos soldados, como o describimos antes, esixen certo nivel de coordinación, unha colaboración organizada para o plan de contido e práctica), a existencia doutras estruturas formais ou informais está confirmada por información incompleta que obtivemos sobre o terreo. Certas asociacións xa existentes transformáronse en cadros de centralización das actividades anti-guerra -por exemplo a Comunidade de pais da rexión de Donetsk "Kroha"[30],que publicou unha chamada á poboación o 10 de xuño, limitada, contraditoria e pacifista que era: "Nós, os pais da rexión de Donetsk, chamámolos, políticos, personalidades públicas e persoas interesadas. Axúdennos a salvar as persoas de Slaviansk, Krasnyi Liman, Kramatorsk, deteñan as operacións militares. Temos o desexo de axudar a facer comprender a verdade do que pasa nestas poboacións. Despois de moitas semanas, as persoas viven baixo ataques incesantes de artillaría. Os civís morren constantemente. Nenos foron feridos, a morte de tres infantes está confirmada. As vivendas, os hospitais, gardarías e escolas estanse desboronando. A xente, incluídos aos nenos viven nun estado permanente de tensión, escondéndose baixo o chan por varias horas dos ataques que non se deteñen xamais. (...) Nós pedimos a súa axuda para salvar a vida destas persoas e para deter as accións militares".[31] Outra asociación, as Nais de Donbass, afirma na súa declaración: "Queremos vivir. Nós as persoas ordinarias, esposos e esposas, pais e fillos, irmás e irmáns. Nós, os civís pacíficos, somos os reféns do conflito na nosa rexión, as vítimas dos enfrontamentos militares. Estamos cansos do medo e aspiramos á paz. Queremos vivir nas nosas casas, camiñar na rúa das nosas cidades, traballar nas empresas e organizacións da nosa rexión, e cultivar a nosa terra. (...) Nós, as nais de Donbass insistimos no cesamento inmediato da operación anti-terrorista e ás accións militares na nosa rexión! (...) Estamos certas de que o conflito no noso país pode ser resolto pacificamente! Alto á guerra! Eviten os decesos de nenos! Salven ao pobo de Donbass!"[32] A voz de Odessa organizou unha manifestación contra a guerra o 13 de xullo en Odessa. Os participantes berraban frases como "Estamos contra a guerra!, Alto á operación anti-terrorista no Leste! ou Queremos a paz!" Durante este flash-mov, espantosas gravacións de audio de tiros da artillaría e de impacto cara aos civís eran difundidos.[33] En Kharkov, as asociacións locais anti-guerra (entre outros o movemento de mulleres de Kharkov, "Kharkivianka") organizaron o 20 de xuño unha manifestación en fronte da fábrica de autos VAI Malyshev. Esta fábrica recibiu un comando de 400 vehículos blindados para ser enviados á fronte. As manifestacións esixiron a anulación do comando e difundiron slogans como "Non á guerra" ou "Alto ao masacre insensata".[34]

Durante ese tempo, a situación económica social en toda Ucraína empeorou. A depreciación da moeda local, o aumento de prezos de produtos básicos, os transportes e servizos así como a redución da produción en varias empresas conducen a unha forte baixa dos salarios reais, estimados entre o 30 e 50% de perda. O goberno de Kiev, baixo a presión das institucións financeiras internacionais, debe adoptar unha serie de medidas de austeridade que van agravar as condicións de vida do proletariado, e ao mesmo tempo, prepara a máis grande onda de privatizacións despois de 20 anos. O goberno central cesou dende maio o pagamento de salarios aos empregados do estado, das prestacións sociais e das pensións nos territorios que non están baixo o seu control, miles de traballadores están sen ingresos. A situación nas rexións onde as operacións militares acontecen están aínda peor -as fontes de electricidade e de auga están interrompidas, os medicamentos e alimentos son escasos.

Os disturbios sociais orixinados por esta situación aparecen despois dun tempo. Entre eles as folgas dos mineiros na parte oriente do país e os proletarios nas rexións do oeste comezan tamén a fartarse. Os mineiros de Krivoy Rog comezaron unha folga xeral en maio esixindo a alza ao dobre dos seus salarios. Eles comezaron por organizar milicias armadas de autodefensa. Na súa declaración dirixida aos traballadores de toda Europa, describen os oligarcas rusos e ucraínos, en calquera campo que eles estean (separatista ou aquel de Kiev), como a razón principal da crise: "Dirixímonos a vostedes pedíndolles apoiar a nosa loita contra os oligarcas, que provocaron a crise actual en Ucraína e que prolongan á desestabilización, ameazando iniciar unha guerra fratricida en Ucraína que sen lugar a dúbidas terá consecuencias catastróficas para toda Europa".[35]

Moitas manifestacións por "condicións de vida dignas", contra o aumento dos prezos e polo aumento dos salarios e as pensións teñen lugar nas diferentes cidades en todo o país. (Unha serie de accións contra o aumento de prezos de aloxamento e de tarifas de servizos públicos sucederon en Kiev a finais de xuño e en xullo. O 1° de xullo, unha manifestación contra o aumento de prezos desenvolveuse en Kharkov. A máis importante manifestación polo momento tivo lugar en Kiev o 24 de xullo con frases como "Redución dos ingresos dos oligarcas, non do pobo" e "Non lle roubes aos cidadáns ordinarios").[36]

A principios de agosto, o último cadro de resistentes que continuaban ocupando a praza de Maïdan en Kiev ("porque nada cambiou!") foi atacado por dous batallóns da Garda Nacional co fin de evacualos. Eles actuaron baixo a orde do novo alcalde de Kiev, Vitali Klitchko, o que demostrou unha vez máis que a palabra dun político burgués (a principios de ano, el pedira aos ocupantes non evacuar a praza "mentres que ningún verdadeiro cambio sucedese en Ucraína") compromete unicamente a aqueles que creen... Non obstante os violentos enfrontamentos estalaron durante a evacuación, do cal unha vez máis a prensa burguesa internacional se abstivo de evocar, en tanto que é verdade que o goberno de Kiev é aliado occidental e "o horror último" non pode ser encarnado senón polos separatistas do leste de Rusia.

A República Popular de Donetsk busca restrinxir o movemento de mineiros, os cales se preocupan máis polos seus intereses materiais que de calquera ideoloxía, todo xogando cos intereses e as demandas dos folguistas a quen prometera a nacionalización dos complexos industriais, e os intereses dos oligarcas a quen prometera a inviolabilidade da propiedade privada.

O movemento anti-guerra, non obstante que polo momento é limitado, tanto no espazo coma no contido, desencadeou folgas e manifestacións obreiras organizadas non por unha ideoloxía, senón polos intereses materiais do proletariado nos dous bandos, todo iso confirma o que nós escribimos no texto precedente: "(...) o desencadeamento da guerra imperialista (...) non significa necesariamente o afundimento definitivo do proletariado. En efecto, historicamente, se a guerra significa en primeiro lugar unha relativa supresión, esta pode deseguida dialécticamente determinar unha reanudación das loitas tanto máis forte cando mostra as contradicións e a brutalidade inminente do sistema capitalista".

A pesar diso, lévanos repetidas veces a caer en supostos "revolucionarios" que defenden a operación anti-terrorista, porque eles cren que iso permitirá un regreso á loita de clases "habitual". A pesar diso, nós podemos ler (aínda que de xeito fragmentado e contraditoria) as noticias sobre os "anarquistas" activos nas estruturas administrativas dos separatistas, porque eles as consideran como un mal menor en comparación co goberno de Kiev.

Nós non apoiamos de ningún xeito a guerra e as súas atrocidades e somos conscientes de que todo conflito militar significa o agravamento das condicións de vida proletarias. Non obstante, en tanto que comunistas, non podemos adoptar a tese segundo a cal podemos evitar un conflito militar apoiando un ou outro campo nunha guerra. O proletariado non ten ningún interese en preservar as condicións actuais ou anteriores da súa miseria. O proletariado non ten patria que defender. O campo do proletariado en toda guerra, é a acción unida e intransixente dos proletariados dos dous bandos que compiten contra os dous campos en guerra da burguesía.

A loita contra a guerra significa o derrotismo revolucionario! Fronte proletariado revolucionaria contra a burguesía dos dous campos en guerra!

Afrontemos a guerra coa acción directa, a sabotaxe, a folga xeral, radical e combativa!

Solidariedade de clase cos derrotistas revolucionarios de todos os campos!


* Agosto 2014 *

Traducción del francés: proyectoferrer | comunismo libertario (http://proyectoferrer.wordpress.com/)

Fonte: http://proyectoferrer.wordpress.com/2014/09/10/ni-ucraniano-ni-ruso-desarrollemos-nuestro-propio-campo-el-tercer-campo-el-de-la-revolucion-social/

Máis: http://panfletossubversivos.blogspot.com/2014/09/ni-ucraniano-ni-ruso-desarrollemos.html

E tambén: http://www.autistici.org/tridnivalka/ni-ucrania-ni-rusia-vamos-a-crear-nuestro-propio-bando-el-tercer-bando-el-de-la-revolucion-social/
———-

[1] http://www.autistici.org/tridnivalka/preparatifs-guerriers-entre-lukraine-et-la-russie-show-ou-realite/

[2] http://www.thedailybeast.com/articles/2014/04/17/the-ukrainian-army-is-crumbling-before-putin.html

[3] http://ndilo.com.ua/news/u-viyisku-rozpochavsja-bunt.html via http://ukraineantifascistsolidarity.wordpress.com/2014/05/30/beginning-of-rebellion-in-the-ukrainian-army/

[4] Idem.

[5] Idem.

[6] http://www.volynpost.com/news/33715-vijskovi-z-51-oi-brygady-vlashtuvaly-na-mykolaivschyni-bunt via http://ukraineantifascistsolidarity.wordpress.com/2014/05/29/volhynia-soldiers-mutiny-and-refuse-to-go-to-the-donbas/

[7] http://ukraineantifascistsolidarity.wordpress.com/2014/06/02/soldiers-relatives-protests-spreading-in-ukraine/

[8] http://ukraineantifascistsolidarity.wordpress.com/2014/06/04/soldiers-relatives-block-military-recruitment-office-in-lviv/

[9] Idem.

[10] Idem.

[11] http://ukraineantifascistsolidarity.wordpress.com/2014/06/11/kherson-soldiers-relatives-picket-military-enlistment-office/

[12] http://ukraineantifascistsolidarity.wordpress.com/2014/06/19/chernivtsi-soldiers-relatives-block-highway-demand-soldiers-brought-back-from-the-east/

[13] http://112.ua/obshchestvo/pod-zhitomirom-semi-voennosluzhaschih-perekryli-dorogu-kyjev-chop-79161.html

[14] http://ukraineantifascistsolidarity.wordpress.com/2014/06/10/soldiers-relatives-block-troops-in-melitopol-from-being-sent-to-the-front/

[15] http://www.youtube.com/embed/hyLIUk6U9yA

[16] http://ukraineantifascistsolidarity.wordpress.com/2014/06/04/soldiers-relatives-block-military-recruitment-office-in-lviv/

[17] http://www.aitrus.info/node/3875/ via http://libcom.org/forums/news/protests-ukraine-02122013?page=11#comment-541714

[18] Idem.

[19] http://www.youtube.com/embed/0WbCvUoZEQ

[20] http://ukraineantifascistsolidarity.wordpress.com/2014/07/25/riot-in-western-ukraine-against-army-mobilization/

[21] Idem.

[22] http://www.aitrus.info/node/3875/ via http://libcom.org/forums/news/protests-ukraine-02122013?page=11#comment-541714

[23] http://www.youtube.com/embed/G2qm3_c2O-8 y http://www.youtube.com/embed/fiRqdLi6fk0 via http://ukraineantifascistsolidarity.wordpress.com/2014/08/06/protests-against-the-war-in-zaporizhia-and-kyiv/

[24] http://www.rferl.org/media/video/ukraine-national-guard-cannon-fodder/25426820.html

[25] http://observerukraine.net/2014/05/08/for-an-independent-social-movement-for-a-free-ukraine/

[26] http://en.itar-tass.com/world/733524/

[27] http://liva.com.ua/miners-war.html via http://ukraineantifascistsolidarity.wordpress.com/2014/05/30/donetsk-miners-strike-against-war-eyewitness-account/

[28] http://www.marxist.com/donetsk-miners-strike.htm

[29] http://observerukraine.net/2014/05/27/petro-poroshenko-the-chocalate-king-walks-onto-a-sticky-wicket/

[30] http://kroha.dn.ua

[31] http://ukraineantifascistsolidarity.wordpress.com/2014/06/13/mothers-and-parents-organisations-appeal-stop-the-war-save-the-people-of-donbass/

[32] http://brend-archer.livejournal.com/324036.html via http://ukraineantifascistsolidarity.wordpress.com/2014/06/13/mothers-and-parents-organisations-appeal-stop-the-war-save-the-people-of-donbass/

[33] http://www.youtube.com/embed/xUFxhbGE-8I

[34] http://ukraineantifascistsolidarity.wordpress.com/2014/06/20/kharkov-tank-factory-rally-against-the-anti-terrorist-operation/

[35] http://observerukraine.net/2014/05/12/appeal-of-the-kryviy-rih-basin-miners-to-the-workers-of-europe/

[36] http://www.aitrus.info/node/3870/ via http://libcom.org/forums/news/protests-ukraine-02122013?page=11#comment-541385

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada