18 sept. 2014

Nen Podemos Nen Queremos

Reproducimos (traducido) este texto que roubamos do blogue "PedradasVarias", e que convidamos a visitar:

A finais de 2010 coñecín Pablo Iglesias e o seu inseparable compañeiro, Iñigo Errejón, o mesmo que aos seus 27 anos xa nos soltaba "no soy tan joven como parezco". Por aquel entón eu nin sequera os coñecía a eles e menos aínda a ese peculiar CEPS do que falaban. Hoxe en día os CEPS foron tratados en todo tipo de pseudo faladoiros dos mash media, empregándoa os tertulianos máis reaccionarios contra Pablo Iglesias pola súa colaboración co goberno de Chávez. A min o que me preocupaba do CEPS era outra cousa, xa vira en Coruña como xestionaban algúns a dinámica dos movementos sociais, pero esta vez se vivía a maior escala. Ao parecer o pastel a repartir era bastante maior que as escasas subvencións que conseguían en concellos e gobernos autonómicos, polo que os enredos e as tensións tamén subían en igual proporción. ¡¡Foi realmente patético encontrarse no Marx Madera de Madrid oíndo como se debatía sobre quen era o pope dos movementos sociais de Coruña!!! Ao igual que os antidisturbios que nos veñen a reprimir nas manifestacións, algúns non poden soportar as organizacións sen líderes, demostrando que a igualdade e a horizontalidade non entran dentro da súa linguaxe. Ao parecer, o fin do CEPS máis que asesorar ao goberno venezolano (xa dispoñían de máis e mellores asesores) era crear unha rede de activistas a nivel nacional que puidese estender o seu proxecto.

A seguinte vez que oín falar de Pablo Iglesias foi nas eleccións autonómicas galegas, IU alugoulle un piso na nosa cidade para que el puidese deseñar o seu particular forma de facer política. Contratou 10 persoas das máis visibles do 15 M, os cales cambiaron da noite á mañá o "Que non, que non, que non nos representan" polo cobramento dunha nómina e o servizo a un partido político con 28 anos de historia, que tradicionalmente foi o 3º partido político máis votado, que gobernou ao longo da súa historia en centos de municipios e nalgúns gobernos rexionais e que representaba á perfección a esa clase política contra os que os millóns de persoas que participaron no 15 M se ergueran.

O éxito da Tuerka, o seu programa de televisión que se emite vía internet, animoulle a dar o salto á gran pantalla, o mesmo lle daba a Sexta que Intereconomía, xa se sabe que a súa mensaxe non se limita á esquerda. Durante meses os afeccionados ao telelixo puideron gozar dese diálogo de ollomoles nun patético espectáculo, no que participan personaxes do talle intelectual de Eduardo Inda, Marhuenda, Alfonso Rojo, Carmona ou Pablo Iglesias. Nestes "sesudos" debates Pablo, utilizando todo tipo de técnicas de comunicación e manipulación nos que é un mestre, mesturaba a súa seguridade e prepotencia cuns argumentos populistas, inxenuos e sorprendentemente reformistas (nada que ver co que expresaba na Tuerka) que calaban nuns espectadores que estaban desexosos de que alguén humillase os defensores da extrema dereita máis rancia, ao mesmo tempo que lles daba receitas moi fáciles para convencerlles de que el tiña a solución a todos os seus problemas.

Vendo o seu indubidable éxito presentouse á dirección do partido político no que sempre militou (IU) e emulando a Aznar na súa reunión con Bush, puxo os pés sobre a mesa e pediu a celebración dunhas primarias. En IU entenderon, con bastante razón, que facer unha primarias nas que participa unha estrela do prime time televisivo era un absurdo, así que Pablo sacou o plan B, a creación do seu propio partido. Como se pode ver a creación de Podemos non ten nada que ver coa suposta necesidade que hai en España de construír unha nova forma de facer política, senón que simplemente parte da imposibilidade de Pablo de seguir ascendendo en IU.

>
O resultado á vista está, máis de 1,2 millóns de votos e 5 eurodeputados, a euforia desbordou gran parte da poboación, millóns de persoas que deixaran de confiar na política e nesta falsa democracia tragan as súas palabras, volven confiar nun sistema que se cambaleaba e desaparece o pánico a que as rúas estalen como pasou con maior ou menor éxito na Primavera Árabe, en Grecia ou en Ucraína. As multitudinarias asembleas populares dos días seguintes ás eleccións europeas axiña quedaron reducidas ás poucas decenas habituais e, como xa podedes imaxinar, as decisións lonxe de tomarse nas asembleas abertas dos Círculos populares, tómanse en reunións hermeticamente pechadas nas que ese cadro de popes que leva perfilando tantos anos, deciden o que supostamente é mellor para todos nós. Entre os que promoveron a creación de Marea Atlántica figuran varios dos que colaboraron con Pablo Iglesias no CEPS no 2010, sendo fiel á súa obsesión por crear líderes que poidan xestionar a súa particular "revolución" disfrazándoa de movemento popular horizontal. Se son os propios círculos locais os que deben tomar a decisión de presentarse ou non ás eleccións, por que xa se fixo público que Podemos non vai presentar listas xeneralizadas nos concellos? Por que se afirma que vai a apoiar as candidaturas cidadás cuns principios similares aos seus?, claro que isto aínda non é oficial, tense que aprobar na asemblea cidadá de outono na que o equipo promotor, onde figuran membros que ninguén elixiu, vai presentar o seu proxecto. O resultado da asemblea é tan impredicible que os promotores de Marea Atlántica nas asembleas previas á súa presentación pública, xa afirmaron que Podemos non se ía presentar en Coruña. Ábrense apostas.

Esta é a verdade sobre Podemos, un partido político ficticio deseñado dende un despacho da Universidade Complutense de Madrid, un partido que se presentou a unhas eleccións europeas tendo como respaldo unha audiencia televisiva en lugar das tradicionais bases de todo partido político, que realiza unhas eleccións primarias nas que moitos dos votantes só coñecen a un dos candidatos, que en lugar dun logo presentan a cara do seu líder, que en lugar dun secretario xeral ten unha estrela do prime time do telelixo, que se presenta como o partido dos movementos sociais e da cidadanía, desoíndo os millóns de persoas que saíron á rúa en maio de 2011 virando as costas a todo partido político, que afirma que todo o mundo ten cabida no seu partido, aceptando mesmo a círculos de militares do exército español, mentres se nega a recoñecer a existencia de presos políticos, que fala de horizontalidade na toma de decisións, cando leva anos reunindo cadros ao longo de todo o estado para a dirección do seu proxecto, que afirma tomar as decisións en asembleas populares sen presentar o máis mínimo estudo para a elaboración das mesmas, mentres xa elaborou un "borrador" cos principios e a estrutura orgánica do partido (moi similar á de calquera outro partido político), que fala da autonomía de cada círculo local, mentres no "borrador" que vai presentar cédese todo o control á Asemblea estatal, e que fala de respecto aos movementos sociais, cando corrompeu os principios básicos do 15 M ao contratar a compañeiros para a campaña política dun dos partidos políticos maioritarios.

Podemos non representa unha nova forma de facer política, é a mesma forma, pero cunha mercadotecnia distinta. Votar non nos fará libres.

ORGANÍZATE E LOITA!

11 comentarios:

  1. http://www.kaosenlared.net/component/k2/96199-podemos,-la-extrema-izquierda-y-las-l%C3%B3gicas-de-resistencia

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muy bueno, a ver si espabilamos.

      Eliminar
    2. Ya tardabais amigos. ¿Con qué pretendeis hacer espabilar a quién? ¿Con ese enlace?.

      Espabilar ahora va a ser siniónimo de hacerle el juego a la sociaded postindustrial. Lo que hay que leer. ¿Sabeis lo que significa la palabra "anarquismo"?. A ver si espabilamos!!!!

      Eliminar
    3. Qué significa? si existe el significante... existe el significado? Hay sociedades primitivas en Nueva Zelanda en las que no existe la tristeza porque no existe la palabra...

      Eliminar
    4. Toma ya! Sánchez Dragó!

      Eliminar
  2. No me voy a molestar en debatir sobre el texto que enlazais, un texto muy a la altura de Kaos enla Red, semejantes gilipolleces no merecen demasiadas lineas. Además aunque vosotros quisieseis, no creo que esto tenga demasiada relevancia para los anarquistas más allá de señelar una pandilla de recuperadores. Si pretendeis dar un toque de atención con el enlace, yo no me doy por aludido con esos conceptos de vuestra dialéctioca barata y manoseada de "izquierda" , "extrema izquierda". Marx por lo menos era más honesto y se decía socialista autoritario, y trataba de denostar a los antiautoritarios substituyendo este último termino por utópicos.

    El autor del artículo que enlazais se tira un pedo por cada linea que escribe. Un pedo con olor europeo y neokeynesiano. El caso es que la realidad es jodida y cuesta mirarla a la cara. Pero tranquilos, no hace falta mirarla a la cara, Pablo ya hace ese sacrificio por nosotros, no tenemos que esforzarnos demasiado solo votarles y ayudarles en su proceso de empoderamiento. ¿Venís aquí a dar curas de humildad o pretender convencernos de algo?

    ¿Pero no veis que no somos más que una panda de lumpens, revisionistas reaccionarios, infantiles y utópicos?

    ¿Tanto materialismo dialéctico, tanta vanguardia del proletariado, tanta historia recorrida, tanta seriedad para venir aquí a perder el tiempo con los ácratas?

    ¿O es más bien que os pica no poder ir de guays a la cara?

    Cortaros un poquito anda... que después nos ponemos hooligans y llorais

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si tú eres marxista-cristiano... No te habías enterado... Me cansais tanto¡ Sólo lo he hecho por vacilar.. pero me aburris más que ver la tele...
      Agur. Pero... qué hemos hecho mal? Porqué sois tan básicos¡¡ Pero que Capital has leído... Que Marx era honesto? Si sois mas "europeistas" que Rajoi... Cuando me deis un argumento sólido, perderé el tiempo en rebatirlo.. Pero para qué.... Qué significa lo que pueda decir... con esta presión de tiempo
      ... con esta ausencia de relativización... El sistema tiene que reirse a gusto.. Lo ha conseguido.

      Eliminar
    2. Joder pues para aburrirte aquí gastas bastante tiempo. Para cristiano tu, que vienes aquí siempre a defender a tu líder mesiánico. Que a qué Marx leí? Igual debió de ser a Groucho. Lo que si queda claro es que tú no me leíste a mi con demasiado tino.

      Te contesto en tu estilo: Pero quien dijo aquí que hubiese leído el Capital? Pero quién es aquí el básico?

      Otra cosa cuando hablé de Europa me referí a la mentalidad occidental democrata europea, y la continua apologia del Estado de bienestar, o la paz social. Herramientas y pilares del Estado para asegurar el reajuste del capital. Junto con el monopolio de la violencia y el miedo con el fin de pacificar a la población para garantizar la productividad de la mercancía. No me refería al europeísmo. Y no sé, ni por qué, ni a quién le dices que es mas europeísta que Rajoy...haber si te quedas satisfecho y te acabas de aburrir de todo para no venir a dar la brasa, cada vez que se menciona a tu mesías y sus alcaldables u otros temas en los que te encanta venir a dejar enlaces que hablen por ti. Que tu con insultar y soltar paranoias inconexas ya tienes bastante.verdad?

      Me hace gracia que llames a la gente "básicos" y pidas argumentos sólidos cuando tú dejas un enlace y después te dedicas a decirle a la gente que "espabile" e intentar descalificar(digo intentar porque lo tuyo es muy cutre). Está claro que yo te contesto cosas muy básicas. Cosas que tu estulticia mental te permita procesar y a mi no me hagan perder mas que el tiempo suficiente para vacilarte un poco. No voy a perder el tiempo desgranando tus
      panfletos-enlaces solo porque tu tengas esa necesidad intelectual y/o anímica. Lo cierto es que estos espacios no sirven para debatir y tu lo sabes, por eso vienes aquí a divertirme un poco mientras tu te aburres. o tendría que decir mientras te desahogas desde tu escondite?.

      Quizás Podemos consiga mucho protagonismo en la venidera política institucional, no me extrañará. Representa un muro de contención muy valido para garantizar la estabilidad del Estado-capital.

      Eliminar
  3. http://abordaxerevista.blogspot.com.es/2014/07/a-revancha-de-bakunin.html

    A ver si espabilais, o por lo menos os ubicais a la hora de saber donde se os da por comentar lo que comentais.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. La política ha cambiado.. Los viejos modelos se resquebrajan... Bakunin sólo era un filósofo-teórico anarquista más... Estamos asistiendo a una revolución brutal.. que no podemos apreciar por la influencia del presentismo histórico y que sólo será apreciada con el tiempo (Podemos es lo de menos.. Ya sabemos de que van) Lo importante es la actitud que adoptemos ante estos nuevos tiempos... Podemos enrrocarnos en líderes, dogmas y creencias contra las que paradojicamente decimos luchar o podemos pararnos a dudar, sin racionalizar la disonancia... No es mi intención ganar en ete debate... Ni meto caña por casualidad... Era porque aprecio que puede haber una luz al final de este tunel... Podemos perpetuarnos para mantener nuestra identidad grupal... cómoda y sistemática, que en cualquier caso será reduccionista.. o por el contrario podemos dudar y evolucionar... En tus manos está... Escoge lo bueno que nos "dió" el anarquismo, y lucha... Lucha de verdad... contra tí mismo... Revolución interior, discrepancia... La verdad estaba dentro de unx mismx, sólo hay que tener el valor de querer buscarla...

      Salud¡

      Ya los sé...bla, bla, bla... Espero que no.

      Eliminar
    2. Yo dudo de mi todos los días. Como no no voy a dudar de Podemos? Tengo claro que todos arrastramos mierdas y que la revolucion no la van a hacer los amarquistas solos. Ni ataco a Podemos, ni enlazo a Vallota(que no Bakunin) por mantener una identidad grupal. No se trata de reivindicar a los barbudos de hace 100 años. Se trata de ubicarnos. Yo no sé de que carallo hablas con lo de "revolución brutal" suena al viejo este de youtube que dice "agora parece que vai vir un comunirmo infernal". No se trata de caer en dogmatismos. Y sí, a veces hay cosas muy básicas como por ejemplo que a mi no vme vale cualquier transformación que al final se acabe convirtiendo en un reajuste.

      Por otro lado lo que no puedes hacer es limpiarte el culo con la Historia. Mirate el vídeo de Vallota anda!No seas dogmáticx!!, que está claro se no lo viste!!No es un vídeo de Bakunin. Es un vídeo actual de un compañero venezolano vivito y coleando. En el compara dos métodos de analisis y trata sus contradicciones historicas y su vigencia HOY. Duda de ti un poquito y aplicate el cuento que pretendes aplicar. Yo te rebato no te digo como tienes que hacer tu vida o tu lucha. Yo ya tengo bastante con mi vida, mi lucha y mis contradicciones que ya es un curro.

      Y por cierto y lo mas importante. No te entiendo un pimiento.sueltas citas inconexas, unas a modo de consejo, otras a modo de lección. En todo caso resultas muy paternalista. Podrías ser mas clarx? Porque si pretendes aportar algo yo me pierdo, lo siento por ser tan "básico" o porque lo seas tú. Imagino que cuando tachas a la gente de "básicos" querrás decir simples. Pues no hay nada mas simple que votar cada 4 años o pretender que prácticas antagónicas confluyan.

      Eliminar