Xa temos publicado acá en Abordaxe outros textos de reflexión deste compañeiro anarquista, encirrado no México tras ser acusado, xunto ás compas canadianas Fallon Poisson e Amelie Pillierst, de atacar con PEDRAS e COCTELES MOLOTOV as instalacións da Secretaría de Comunicacións e Transportes (SCT) e unha concesionaria NISSAN. Agora recollemos da web da CNA México Abajo los Muros (e traducimos), este seu texto onde "El Chivo" expón -de maneira breve- a súa opinión sobre Informalidade e Anarquismo Insurreccionalista co gallo de que, aquelas persoas que se poidan sentir identificadas, poidan contribuír para darlle maior profundidade e debate; e ao mesmo tempo, facer unha pequena critica para aquelas correntes anárquicas que se empeñan en tratarnos como "piromaníacos sen ideas":
Para quen decidiu pasar da palabra ao accionar insurreccional e levar este a todos os ámbitos da vida onde sexa necesario lle é prioritario o entrar en continuas reflexións e así se reformular unha, outra e outra vez os seus pensamentos, ferramentas e estratexias de loita. Isto para non caer en pasivas dinámicas que resultan estériles e contra producentes á hora do ataque.
De aí a nosa necesidade de retomar temas importantes que ao non os considerar como algo fixo debemos sempre poñer a debate e discusión.
De maneira que a título persoal e de xeito humilde me dou á tarefa de reformular o que entendo pola informalidade e anarquismo insurreccionalista -de xeito breve- coa intención de que quen se poidan sentir identificadas poidan contribuír e dende o seu lugar, darlle maior profundidade e debate. Así mesmo, facer unha pequena critica para aquelas correntes anárquicas que se empeñan en tratarnos como "piromaníacos sen ideas".
Arredor do mundo séguense xerando conflitos e tensións por parte de compañeirxs anarquistas en contra do complexo aparato de dominación, o cal non deixa de enchernos de inspiración aos que coincidimos coas súas loitas, buscando así estender e xeneralizar o conflito a xeito de ataque decidido e destrutivo. O esforzo dxs compas que deciden poñer en marcha os seus proxectos baseados na coherencia da teoría-práctica e práctica-teoría (entendendo que se complementan a unha coa outra) debe ser tomado en conta, non deixándoo no esquecemento e poñéndoo a debate e discusión de xeito crítica-construtiva, buscando así aprender de erros e acertos para posteriormente pasar ao campo de batalla: a guerra social.
Isto deixa claro que o enfrontamento contra todo poder e autoridade non é unha idea de tolos e chalados, senón unha real e palpable forma de buscar de xeito incisivo nosa total e definitiva liberdade.
Falamos de que a Anarquía non é para nós unha ideoloxía (unha loita que se basea en ideas fixas que nos ditan como actuar), senón unha forma de concibir a vida e vivila conforme ás nosas teses, análise e críticas xurdidas na reflexión das loitas que reflicten a nosa realidade que sempre está en busca de novos métodos, estratexias e formas de ataque; por iso reclamámonos anarquismos insurreccionalistas e organizados nunha lóxica informal.
Entendendo o insurreccionalismo como unha acción que nace dende a individualidade, como a ruptura que cada quen leva consigo mesmo, transformando o ámbito que o rodea, dende o núcleo familiar, social e político, que moitas veces nos mantén nesta cárcere/ sociedade da cal non é tan doado saír. Así transcendemos ao conflito. Se algo dá identidade á loita insurreccionalista é precisamente levala máis alá da ilusión e a palabra, de ter a iniciativa no conflito de clases e romper coa pasiva actitude da resistencia para pasar ao ataque, sen limitarse á espera de ser represaliados, para entón ter xustificación de atacar; senón facéndoo xa, aquí e agora. O conflito permanente, levámolo no noso diario andar, nas nosas cabezas e corazóns, sempre buscando xeneralizalo aos barrios, colonias, vilas e máis alá; para chegar a organizarnos -mediante núcleos de base- xunto a persoas non anarquistas que libran fortes batallas, por exemplo, para frear proxectos gobernamentais que poñan en perigo o seu benestar e/ou as súas vidas. É importante non situar a loita insurreccionalista nunha estrutura mínima de "organización específica", pois vai máis alá da clandestinidade, como anteriormente o expliquei.
Se ben, esta loita non é nada novo, se se foi renovando, poderiamos citar antigas loitas de campesiños e indíxenas que dignamente se sublevaron contra latifundistas e terratenentes, pero noutro contexto histórico, así pois, vexo como marco de referencia loitas pasadas mais non como métodos a seguir.
É necesario deixar de só recordar pasados combates esquecendo que é no aquí e agora que debemos levalos a cabo.
Entendo a informalidade da estrutura organizativa do anarquismo insurreccionalistas como a relación máis ou menos estable de persoas, grupos ou movementos que se manteñen nun constante achegamento buscando afondar o coñecemento adquirido nas loitas, sen estruturas burocráticas nin delegación de responsabilidades e rexeitando posibles organigramas que dean pé a relacións de poder. Aquí entra -digamos- a parte da que os "insus" tanto falamos e defendemos que é a constante reconsideración e readaptación das formas e métodos empregados ao levar ao campo de batalla o ataque destrutivo.
A informalidade é algo non estático e en constante reestruturación (nunca esquezamos que o que estanca se podrece), se fose á contra xa non sería informal.
Son os grupos de afinidade os que inspirados nesta forma organizativa reúnense polo xeral en grupos pequenos, irmandados por un mutuo coñecemento persoal. Tamén son importantes para xerar afinidade o estudo e a crítica das problemáticas sociais, non só de loitas parciais, así como debates levados ata o máis profundo para entender dende as raíces aquilo que se confronta; e sobre todo é o mesmo sentido destrutivo de todo o existente o que nos fai sentir afinidade. Chegando así á complicidade. Non é o mesmo a amizade que afinidade, aínda que poden ir da man ou por separado, é dicir, ser afinidade sen ser amizade e viceversa. Así estes grupos se fortalecen e saben cos que se conta á hora de pasar á práctica. Estes pequenos grupos están destinados a desaparecer ao cumprir o obxectivo co cal foron creados e xurdindo outros novos, retomando o dito anteriormente "o que se estanca, apodrécese". A unión de diversos grupos de afinidade é tamén parte desta informal forma organizativa.
Ata aquí, esta lixeira achega, intentando, como xa dixen, que se afonde-
Agora ocúpame realizar unha pequena crítica para aqueles grupos, plataformas ou federacións e a algunxs compas "insus", sobre un actuar que considero merece poñer atención e que non comparto:
Se ben o anarquismo é antagonista a toda forma de estruturas e relación de poder -o que comunmente coñecemos como "sistema de dominación" -, existe tamén dentro do mesmo movemento diversas correntes que desacreditan con ton viperino o accionar daqueles que van máis alá da simple palabra e deciden saír da monótona pasividade que por si soa leva. Correntes que se enxalzan "predicando" que as cousas deberían de ser de tal ou cal xeito como grandes teóricos de café, así, sen máis. Dende hai tempo sentín certa renuencia a aceptar as devanditas doutrinas anarquistas onde apaixonadamente se fala de "buscar" emanciparse de toda imposición, formar relacións de fraternidade e amor horizontal entre iguais case partindo dun idealismo cristián que rece a consigna de "erradicar a maldade do mundo", pero... ¡ sen facer nada máis que reunirse para falar, falar e seguir idealizando a súa perspectiva dunha vida en liberdade!!, pero esquecéndose ou deixando de lado que a devandita vida está en mans dun poderoso inimigo ao cal é necesario atacar de xeito permanente e destrutivo.
Por se soas as rabiosas e enxeñosas ideas -teorías non serven de moito-. Considero a propaganda e contrainformación como algo importante, pero non cando só se utiliza para mover as masas; e sobre todo se ese "mover" leva implícito esperar o "momento ideal" para lanzar a ofensiva, como quen espera ao seu mesías, e nesta espera haberá que dedicarse ao proselitismo para engrosar as súas filas e caer en posicións cuantitativas.
Entón, ao non coincidir con aquelxs que deciden poñer en práxis o ataque directo, sen espera de mediación do Estado e Capital, deciden insolidariamente silenciar as súas loitas e consecuencias, facendo como que "aquí non pasa nada" e seguindo coas súas conversacións e adoutrinamentos populosos -como quen arrea ovellas para o seu rabaño-.
Penso que por medio de marchas, mitins, plantóns e conversacións do anarquismo, congresos, grandes e pomposos recitais da liberdade -por se sós- non inmutarán nin moito menos destruirán o inimigo que din combater.
Remato este escrito, que se ben é certo é só un montón de cousas que xa se dixeron, son tamén cousas que de preto vivín e reflexionei, quedando á crítica e debate de quen o crea conveniente.
Por último, non quero deixar pasar a ocasión de enviar un caloroso e fraterno abrazo e toda a miña solidariedade para xs compas: Nikos Maziotes en prisión grega e Pola Roupa en fuga, Mónica Caballero e Francisco Solar en España, Felicity Ryder en fuga, Fredy, Juan e Marcelo en $hile, moita forza compañeira Tamara Sol; Mario "Tripa" en fuga, Gian Luca Lacovaca e Adriano Antonacci en Italia; Gabriel Pombo da Silva, e en México Mario González, Abraham, Fernando, Fallon e Amelie.
A todxs elxs e todxs xs que non estou informado, o meu amor, rabia e solidariedade.
Irredutibles e refractarixs por sempre, porque a loita non é para conseguir privilexios nin un cómodo futuro, senón que é unha condición-acto en busca de destruír toda forma de dominación; para así, rexurdir de entre os entullos e, entón ser libre.
Carlos López "El Chivo"
Reclusorio Oriente, México D.F.
Nota.- A introducción do artigo e a traducción é obra de Tancredo Tantonto para Abordaxe
Máis escritos de "El Chivo" publicados en Abordaxe:
-1/2/2014. AI FERRI CORTI Con sus métodos de dominación
-10/7/2014. Reflexións sobre a solidariedade, a luita e a organización
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
google 3033
ResponderEliminargoogle 3034
google 3035
google 3036
google 3037
google 3038