23 sept 2014

[Iruñea - Nafarroa] Suspendia umha Manifa pro forzas e corpos de seguridade do Estado

Recollemos de Naiz esta singular noticia que esperemos que cunda o exemplo no resto do estado e mesmo do mundo mundial:

A manifestación que a Asociación Internacional de Vítimas do Terrorismo (AIVIT) e cidadáns de Navarra convocara na tarde deste domingo pasado en Iruñea en favor das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado foi suspendida ao non acudir xente.

Unha voceira dos convocantes explicou aos medios de comunicación a súa decisión de desconvocar a mobilización debido a que «non acudiu xente». Ao redor dunha decena de persoas congregáranse xunto aos cines Golem á hora prevista para o inicio.

A manifestación tiña como obxecto reclamar a «necesidade das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado» e esixir que «non se vaian» da CAV nin de Nafarroa.

Colado x Xan do Can

1 comentario: