23 sept. 2014

[Grecia]: Ataque explosivo a sucursal do Banco do Pireo en Tesalónica en Solidariedade con Yannis Naxakis e Grigoris Sarafoudis

Recollemos (e traducimos) este Comunicado de ContraInfo(es), aparecido orixinalmente no blogue grego Asirmatista:

Cando o inimigo parece ser forte utilizando todos os medios para esmagar calquera oposición, entón o ataque na súa contra, en contra dos seus símbolos e infraestruturas é o único camiño. Alá onde miremos distinguimos diferentes formas de Poder, dende o policía e o xuíz, ata a escola, o banco, a igrexa, o cárcere. Trátase de institucións dun sistema podre que nos fan recordar a diario que non somos libres. O seu valor verdadeiro mostrarase coa súa destrución e a súa beleza revelarase a través das súas cinzas e ruínas. No aquí e o agora non caben máis concesións, que tome o seu lugar a determinación e a loita permanente.

Na guerra non declarada que se está a levar a cabo, cando non se fai uso directo das armas é cando se empregan outros medios para golpear a mente e a alma de cada revolucionarix irredutible. As novas prisións de máxima seguridade teñen exactamente este obxectivo, a súa aniquilación. Á súa vez, os fiscais e os xuíces impoñen vengativamente condenas de longa duración. Este papel confirmouno a fiscal Olga Smyrli no xuízo polo atraco ao banco ATE (actualmente Banco do Pireo) na localidade de Pyrgetos, preto de Larisa, regalando xenerosamente 16 anos de encerro a Yannis Naxakis e Grigoris Sarafoudis, sendo a súa identidade política a única proba (1).

Participasen ou non os dous compas no atraco, nós estamos con eles e dedicámoslles o ataque á sucursal do Banco do Pireo, que se levou a cabo a madrugada do mércores, 10 de setembro de 2014, na zona de Sykies, en Tesalónica. Esta acción é unha pequena mostra de solidariedade e un sinal de que todo continúa...

Que cada quen loite ao seu xeito, coa dinámica e os medios que posúa, ata o final, ata a liberación total.

Forza a Nikos Maziotis e Pola Roupa.

Un puño levantado para todxs xs revolucionarixs
.

...................


1) Nota de Abordaxe:- Recollemos (traducido ao galego) de "Publicación Refractario" a información sobre o xuízo e condena a Yannis Naxakis e Grigoris Sarafoudis:

A finais de Abril do 2013 foron detidos no barrio de Nea Filadelfia pola policía antiterrorista 4 anarquistas: Dalios Argyris, Harisis Fivos, Yannis Naxakis e Grigoris Sarafoudis (ver noticia en Abordaxe). A cazaría represiva, non é máis que a continuación das detencións en Febreiro do 2014 de 4 compañeiros anarquistas acusados do dobre asalto na localidade de Velvedo: Giannis Mihailidis, Dimitros Politis, Nikos Romanos e Andreas Bourzoukos (ver en Abordaxe),

A acusación contra Yannis Naxakis e Grigoris Sarafoudis centrouse na suposta participación dun asalto na localidade de Filota e doutro asalto bancario en Pyrgeto, debido a que a causa se cruza coa levada adiante polo xuíz instrutor Nikopoulos quen leva os procesos contra a CCF, engádenselle cargos de pertenza a organización terrorista.

Baseados en absurdos xurídicos e forzosas comparacións de probas de ADN, involúcranlles nos asaltos bancarios e en "casas de seguridade" dos compañeiros das CCF.

Finalmente o 17 de Xullo do 2014, no tribunal de xustiza no interior do cárcere de Koridallos, o Poder condénaos a cada un por:

-10 anos de prisión por roubo a man armada
- 6 anos por participar nunha "organización terrorista" ( suposta participación na Conspiración de Células do Lume)
- 5 anos por roubar un coche
- 2 anos por posesión de armas

Finalmente, e a xeito de resolver calquera debate sobre a posibilidade dalgún atenuante aos acusados, o fiscal sinalo a súa "xustificación" para a acusación de pertenza ás CCF, o perseguidor sinalou que: "Non se pode ignorar o feito de que os acusados están relacionados co movemento anti-autoritario e anarquista".

Os compañeiros das CCF negaron absolutamente a participación de Grigoris e Yannis na organización de guerrilla urbana.

As diferenzas con Yannis no interior da prisión deran paso a unha "insólita" malleira (ver aquí o escrito doutros prisioneiros anarquista informando da malleira) por parte dos prisioneiros das CCF contra el (ver comunicado das CCF), en resposta ás súas declaracións nun seu escrito que saira á luz nos medios alternativos (ver acá).

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada