22 sept 2014

[EEUU] Novidades sobre o preso Luke O'Donovan, compa queer e anarquista

Colamos (e traducimos) esta información sobre Luke do seu blogue de apoio, de quen xa falaramos, contando a historia da súa detención e condena a dois anos de prisión por defenderse contra cinco atacantes homofóbicos na festa de ano novo de 2013, depois de que, entre 6 e 12 homes lle atacaran berrándolle "maricón" e golpeándolle e cortándolle cun coitelo, tras velo bicandose e bailando con outros homes. Luke defenderase cunha navalla e feriu a 5 deles. Ningún dos agresores foi detido, só Luke,(ver acá):

Despois dun mes nunha serie de cárceres e centros de tránsito, o compañeiro Luke O'Donovan chegou á prisión onde cumprirá os dous anos da súa condena. Familiares e amigos que falaron con el din que está de moi bo ánimo.

Luke O'Donovan, compañeiro queer e anarquista, autoinculpouse a cambio dunha condena de 10 anos (2 anos de prisión e 8 anos de liberdade condicional con supervisión e probas de drogas e alcohol semanais), ante unha posible condena de ata 110 anos de cárcere (estaba acusado de 5 casos de agresión con arma branca e un de intento de homicidio).

De feito o xuíz deixou explícito que lle tería gustado encarcerar a Luke para moitos máis anos e para aumentar o seu castigo, o xuíz fixou condicións de supervisión moi estritas para os seus 8 anos de liberdade condicional. Tamén o exiliou do estado de Xeorxia, onde vive, coa excepción dun condado rural, lonxe dos seus amigos e familia, onde non coñece a ninguén.

Pódeselle escribir a

Luke Patrick O'Donovan 1001372271
P.O. Box 206
Davisboro GA 31018
EUA


Pódese encontrar máis información sobre como apoiar a Luke no seu seu blogue (en inglés)

1 comentario: