Reproducimos a seguinte convocatoria da CNT-Lugo, unha vez traducida ao galego:
Alfon, un mozo vallecano de 22 anos, foi detido ao saír da súa casa para ir a un piquete unitario no seu barrio pola folga xeral europea do 14N de 2012. Foi a única persoa encarcerada de Europa e aplicouselle o réxime F.I.E.S. dentro da prisión, a causa dunha montaxe policial na que se lle acusa, sen probas, de tenencia de explosivos.
Dende CNT-Lugo queremos facer un chamamento para a concentración (nun contexto de movilizacións internacionais durante ese día) que terá lugar o próximo martes 16 de Setembo ás 20:00h. na Praza Maior de Lugo. O obxectivo fundamental deste acto é demostrar que, a pesar das diferencias ideolóxicas, as persoas podemos estar unidas ante as inxustizas e... pretender encarcerar a unha persoa por loitar contra un Estado opresor é UNHA INXUSTIZA.
Preténdese realizar unha concentración aberta, na que a CNT non acudirá con bandeiras, o que non quita que os coletivos que queiran sexan libres de acudir con simboloxía. Realizaremos a letura dun manifiesto en contra da represión e convidamos a quen queira tomar a palabra ese día.
CNT - Lugo
12 sept 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario