20 sept. 2014

Recordatorio: Concerto solidario para recadar material escolar para as crianzas [A Coruña]

Informamos da seguinte convocatoria levada a cabo por compxs de Corunha Libertaria: 
O Sábado 20 de Setembro a patir das 19h no Bar Tracio realizaráse un concerto solidario co obxectivo de conseguir material escolar para as familias que o precisen, principalmente agora coa tempada da 'volta ao cole'.

Todxs os que leven material escolar (lápices, bolis, gomas, libretas, etc…) entrarán nun sorteo de diferentes premios:
-Camiseta de home de 'Asturies arde' concedida por Nora Antifa
-Camiseta de muller concedida por Ruantifa
-Un par de parches antifeixistas concedidos por Ruantifa

Todo esto acompañado de música en directo (rap) por parte de:
-Guate
-Loza
-Norek
E para rematar ritmos jamaicanos por parte de Sir Skiffle

Queremos agradecer ao Bar Tracio por cedernos o lugar onde levar a cabo esta iniciativa e aos colaboradores; Nora Antifa e Ruantifa pola aportación solidaria
Vémonos por alí! Acude, colabora e difunde!
A LOITA E A SOLIEDARIDADE VAN DA MAN

Corunha Libertaria

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada