Colamos (e traducimos) a Presentación deste novo nº deste xornal anarquista que, ao entender de quen colgou esta noticia, resulta unha leitura moi interesante para aquelas que cren que en Uruguai as coisas van a mellor con o ex-guerrilleiro Pepe Múgica e o mesmo para aquelas "ilusionadas" con PIT (non Brad, senón Pablo Iglesias Turrión) e o seu "Podemos" (cada día máis "seu")(*); alén de por a disposición o enlace para a súa leitura e/ou descarga: "Tierra y Tempestad" nº 19:
Unha sociedade baseada no privilexio, na inxustiza, na imposición autoritaria, nunca logrará facerse de bases sólidas coas cales manterse, e terá que recorrer, unha e outra vez, ao exterminio de humanos, como na pasada ditadura, para manterse.
Nós, as anarquistas estaremos sempre aí, para demostrar que todo isto é unha farsa, aínda que os mediocres e pusilánimes que defenden esta democracia, esta "demofarsa" sinálennos co dedo, acúsennos de violentas e desubicadas mentres eles xustifican a violencia cotiá, a dos campos de concentración nos cárceres, da miseria nos barrios periféricos, a prisión mental da sociedade consumista fomentada por gobernantes e capitalistas.
Somos desubicadas porque dicimos o que ninguén quere escoitar: que todo isto é unha merda; que o progresismo é a mesma merda que o neoliberalismo con máis prazos para pagar as cotas da nosa desgraza; que os obxectivos aos que aspiran todos os gobernantes e políticos son tan mediocres que non podemos crer que a ninguén se lle ocorra a posibilidade de crear un mundo distinto.
Non nos importa ser unha pedra nun zapato, un pau na roda, na roda do progreso capitalista.
Sabemos que o noso discurso molesta, que a nosa actitude incomoda. Incomoda nas marchas e asembleas. Pero alguén ten que dicir ¡Basta! Basta de tanta mediocridade e hipocresía. A sociedade pode e necesita ser doutro xeito, e esta merda democrática non é máis que unha farsa que beneficia aos grandes capitalistas en contra das nosas vidas e os nosos bens naturais.
Quen non soñou cunha vida distinta?
Como se explican tantos millóns e horas de películas de ciencia ficción que nos afastan desta realidade? A vida do traballo e a rutina parece mediocridade, con todo, hai un mundo oculto esperando por nós, ese mundo que se abre nas sensacións dun primeiro bico, no sexo apaixonado cos nosos amantes, na adrenalina de sentir que seguimos vivas logo dun accidente ou un momento de tensión inesperada. Cando os mozos dos barrios, os "planchas", cortan as rúas dos barrios, en Villa García, Santa Catalina ou El Marconi, para pasar a noite enteira espertos combatendo á policía, ábrese unha brecha, que nos transporta a outro mundo posible, a outro mundo que só pode xerirse sobre as ruínas desta farsa democrática.
¡Que o frío do inverno(**) atópenos conspirando e abrigándonos co lume da revolta!
Contidos:
-Notas de Actualidade
-Gobernos Progresistas, Represión Fascista
-¡Lume aos Bombeiros!, ¡Que Arda a Cidade!
-O Arte de Falar. O Discurso Político entre a Historia da Mentira e a Alegoría da Disimulación
-Entrevista a Alfredo María Bonanno (1ª parte)
-Separata Anticarceraria
-Violencia Civilizada (2ª parte) A Propiedade é o Abuso
e muito máis...
Clicade para baixar o xornal:
"Tierra y Tempestad" nº 19
(*) Opinión colada por Xan do Can para Abordaxe
(**)Por se alguén anda despistada, no Uruguai (ao igual que en todo o hemisfério Sur, agora están en inverno)
No hay comentarios:
Publicar un comentario