8 ago. 2014

[Roma, Italia] Detido o compa anarquista basco Xavier González Sola pola súa suposta participación no Colectivo "Bandera Negra"

Recollemos esta información do blogue Instinto Salvaje:

Antes que nada decir que Xavier foi unha das persoas detidas no 15 de maio de 2013 (e postas en liberdade provisoria en setembro) no caso que se coñeceu como "Os 5 de Sabadell" (ou tambén "os cinco de Barcelona") acusadas de pertenencia ao Kolectivo Bandera Negra (sen relación con o colectivo do mesmo nome de Madrid adherido ás FIJL (antiguas FIJA) nen, por suposto, con o colectivo nazi formado por Ynestrillas que copiou dito nome) polo "grave delito" de defender a súa ideoloxía nunha páxina na rede social Facebook e nas rúas. Ao saír de prisión en setembro do 2013, o compañeiro Xavier González Sola decide darse á fuga antes de volver a prisión, e foi detido en 12 de febreiro en Tarbes - Francia xunto ao compañeiro Damien Camélio (quen se encontra en prisión por ataques incendiarios).

Agora vimos de saber que en xoves 31 de xullo ás 17:00 na cidade de Roma, foi de novo detido o compa Xavier. Esta detención foi realizada por axentes da DCPP (Direzione centrale della polizia dei prevenzione) e da DIGOS (Divisione Investigazioni Generali e Operazioni Speciali). A detención produciuse en virtude da Orde Europea de Detención e entrega (OEDE) do 11 de marzo de 2014 emitida polo Xulgado de Instrución número un da Audiencia Nacional.

Xavier é acusado de participar en accións de kale borroka e pola súa posible participación ou "militancia" no colectivo Bandera Negra. De acordo aos sinalado polo ministro do interior de España: Acúsaselle dun delito de pertenza a grupo terrorista, depósito de substancias explosivas e municións, así como enaltecemento do terrorismo.

A Xavier, nascido en Bilbo hai 39 anos, se lle acusa de ter participado en diversos grupos anarquistas e accións directas contra simbolos e institucións. En 1992 foi acusado xunto ao seu irmán Igor (en prisión pola súa suposta militancia con ETA) na queima de dous vehículos. En 1993, é detido pola loita na rúa e accións como o ataque a un concesionario de vehículos da marca Renault, e agresións a membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. No 2012, mentres se realizaba un desaloxo dunha ocupación, o compañeiro resístese e acúsaselle de ferir a un axente policial. Finalmente no 2013 iníciase a causa da súa suposta participación no colectivo "Bandera Negra".

Facemos un chamado a solidarizar co compañeiro Xavier González Sola, Francisco Solar, Mónica Caballero, Gabriel Pombo dá Silva e con todxs xs compañeirxs encarceradxs pola súa loita antiautoritaria.

Facemos un chamamento a solidarizar das máis diversas maneiras con todxs xs presxs anarquistas, nihilistas e antiautoritarixs do mundo.

Información en Abordaxe do caso "Os 5 de Sabadell"

Información sobre Damien Camélio

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada