20 ago 2014

Porqué fracasou o Movemento Autónomo dos anos 70? x @BlackSpartak

Colamos (e traducimos) este analise político publicado en AlasBarricadas:

Esta é unha pregunta que me fixen no seu día, e que non souben responder fai algúns anos. É tamén unha pregunta que me fixo un compañeiro o outro día, logo de visionar o novo documental dos GARI, grupo composto maioritariamente por compas francesas e franceses que actuou entre os estados español e francés trala desarticulación do MIL e dalgúns grupos autónomos de Barcelona en 1974. É unha pregunta que intentarei responder, aínda que en realidade pretendo abrir un debate sobre as estratexias dos anos 70.

Pero estendamos a pregunta, porqué fracasou a autonomía obreira italiana? porqué a RAF alemá non chegou a máis si a priori contaba cun apoio masivo da mocidade? porqué o maio francés acabou nun xuño burgués no que a gran maioría da poboación quería volver á "normalidade"? tiveron posiblidades reais de iniciar procesos revolucionarios?

Na historia quedará para sempre a memoria de numerosas persoas que durante uns anos puxeron en xaque os seus respectivos estados, pero que non lograron os seus obxectivos iniciais. A revolución non tivo lugar malia espectaculares procesos radicais que sacudiron Europa desde 1968 ata 1977. A única revolución triunfante daquela década ocorreu en Portugal, e precisamente tivo un carácter eminentemente democrático-burgués, aínda que tamén puxo en marcha a todo un sector radical, que tampouco logrou os seus obxectivos.


Si deixásemonos levar polo entusiasmo revolucionario de quen enxalza a loita armada per sé ou quen glorifica a folga salvaxe, sen mirar demasiado as estratexias e tácticas empregadas, caeriamos no halago fácil de aplaudir a quen loita, faga o que faga. É certo que as e os compas veteranos, que hoxe teñen entre 55 e 70 anos, loitaron, e deron todo o que puideron dar. Han ter o seu recoñecemento, tarde, a partir dos anos 2000, de mans das novas xeracións, entre as que me inclúo. Con todo o resultado práctico da súa loita foi unha derrota para a causa da Revolución. O neoliberalismo impúxose en Europa paulatinamente, unha vez que todos estes procesos quedaron superados. Foi un desafío enorme que a mocidade revolucionaria da época tivo que afrontar cousa que hai que aplaudir.

Falo da mocidade como suxeito revolucionario dos anos 70 porque naqueles anos sufriu a transformación no seu maior parte unha nova "clase" radicalizada nos centros de estudo. Tamén confluía coa mocidade que traballaba nas fábricas. Aquelas fábricas tiñan un tamaño enorme, antes de ser pechadas ou recortadas na reconversión industrial dos 80. Naquelas fábricas podíase falar de política. Porqué? Pois polas loitas que levara a cabo a xeración anterior durante a postguerra mundial. No estado español ademais engadíase a loita contra o réxime franquista.

Así pois, a principal causa da derrota dos procesos revolucionarios dos anos 70 comezámola a atopar na xeración politizada entre 1945 e 1965. Foi esta xeración a que se criou no pleno emprego, na Europa optimista do crecemento económico de postguerra. Creceron políticamente nas organizacións políticas e sindicais socialistas e comunistas, e falaban da revolución como unha cousa que soamente ocorría alén do Muro de Berlín.

En resumidas contas, para 1967 existían xa unhas sólidas organizacións obreiras que era difícil tomar, de maneira que había que operar sen elas. Deste xeito xurdiron as folgas salvaxes, e os conflitos non regulados. Era un xeito de boicotear á burocracia sindical, aínda que en realidade era esta a que estaba boicoteando a loita obreira. Á calor desta loita comezouse a radicalizar un sector da mocidade obreira, que non se sentía parte do movemento sindical imperante, dado que estaba en mans de persoas que non permitían o diálogo coas bases, a burocracia. Deste xeito crecía dentro da mocidade traballadora un rexeitamento instintivo cara a partidos e sindicatos, que non eran agora os seus lexítimos representantes.

No estado español por uns meses houbo unha CNT, entre mediados de 1977 e a primavera de 1978, que tivo a posibilidade de capitalizar o movemento autónomo. Con todo, entre a represión estatal, as infiltraciones policiais, e máis que nada, debido á explosiva situación interna entre os sectores vindos do exilio, o sindicato case colapsou en 1978. Dicíase que era un sindicato composto por mozos e por veteranos. Onde estaban as xeracións de entre 30 e 50 anos? Nunhas Comisións Obreiras que foran tomadas ao asalto pola burocracia comunista, malia un prometedor inicio autónomo nos anos 60.

Por outra banda a mocidade estudiantil ía adquirindo unha concienciación radicalizada debido ao contacto con todo tipo de grupos subversivos que operaban nas universidades (comunistas oficialistas, comunistas heterodoxos e críticos, trotskistas, maoístas, cristiáns de base, nacionalistas de esquerda, anarquistas, autónomos, etc.). Esta dispersión ideolóxica producía tamén unha dispersión na práctica de individuos pertencentes a diferentes partidos rivais. Desta forma a unidade de acción era pouco probable, salvo cando a universidade ou o estudiantado sentíase atacado.

Pero a radicalización da mocidade (ou de parte dela) na universidade non reflexa necesariamente que a sociedade estéase radicalizando tamén. No verán de 1968 en Francia nunhas eleccións arrasou a dereita. Quería dicir que a sociedade estaba cansada de disputas nas rúas, e que tiña necesidade de volver á súa vida cotiá. Pero tamén indicaba que os procesos revolucionarios lévaos a cabo unha minoría radicalizada. Si esta conta co apoio de organizacións de masas, terá certas posibilidades. Esta necesidade de normalidade tamén golpeou Italia durante a década dos 70.

E cando o ámbito de actuación tratábase dos barrios, volvemos atoparnos con partidos e asociacións de vecindario baseadas no modelo da esquerda tradicional. No estado español os ateneos libertarios non xorden ata 1978-79, cando xa se asentaron asociacións de veciñas e veciños na maioría dos barrios. As AAVV xa estaban controladas polo PCE/PSUC ou polo PSOE/PSC.

Máis adiante desenvolveuse o fenómeno da loita armada. Ao principio non era máis que unha vía de propaganda política, que tiña como obxectivo radicalizar unha loita obreira ou popular. Os seus obxectivos estaban marcados polas loitas sociais cotiás nas que participaban. Pero a represión obrigou a pasar á clandestinidade a gran parte desta xente que optara pola propaganda armada. Da clandestinidade comezouse a xerir a especialización na loita armada. E a partir de aquí a aposta subiu. As mortes foron máis comúns e o enfrontamento levouse por diante a bos militantes. Acabaron decenas de compas no cárcere, pasando nalgúns casos ata dúas décadas encerradas.

Así pois identifico catro causas polas que as loitas autónomas non tiveron éxito, aínda que poden darse moitas máis.

Primeiro, porque se centraban na mocidade, mentres que as organizacións da esquerda (que era á fin e ao cabo quen podía paralizar a economía dun país mediante unha folga xeral) rexentábaas unha burocracia pertencente a outra xeración que non aceptaba xa un cambio revolucionario. Ante isto, cando o movemento autónomo tíñase que enfrontar co estado atopábase a miúdo incapaz de paralizar a produción e a economía salvo en certas folgas independentes da burocracia sindical. A división de Europa nos bloques Leste-Oeste tampouco axudaba.

Segundo, porque parte da mocidade politizada pertencía a unha gran variedade de organizacións que facían a unidade de acción moi difícil. Malia iso existía unha solidariedade entre grupos que podían coexistir ante problemas de gran calado.

Terceiro, porque a loita armada pasou de forma relativamente rápida dunha propaganda armada a unha loita sen cuartel, que foi derrotada por uns estados preparados para a insurxencia. Só Irlanda do Norte e Euskal Herria tiveron unha loita armada continuada, e foi porque a súa loita social se complementaba con (ou subordinaba a) a reivindicación nacional (máis fácil de asumir para as xeracións anteriores, así como por parte das clases medias).

Cuarto, os factores externos á loita. É dicir, o cambio de modelo económico, a terciarización da sociedade e a implantación do capitalismo post-fordista (é dicir, o fin da industria como peza fundamental no capitalismo europeo). Outro factor externo a ter en conta é a represión, na que tamén participou a extrema dereita. Aínda que en 1917, en 1919 ou en 1936 tamén había represión estatal e aínda así facíanse revolucións. Quizá o labor de infiltración e de intelixencia policial tivo máis éxito nesta época que antes.

Como ensinanza quédome con que non é posible ter éxito nun proceso revolucionario sen o respaldo de organizacións de masas (sindicatos, barrios, estudiantís, etc.). Tamén que si se vai ante do inimigo con mil siglas e tendencias diferentes, haberá posibilidades de que se nos divida e en fronte sectariamente entre nós. Para rematar, de iníciarse a loita armada ten que ser por esixencia do contexto, como se fixo, pero co apoio tácito dunha maioría social, que non se tiña.

Naturalmente logo cada cal pode facer o que queira, pero como mínimo tería que reflexionar sobre cuestións tan importantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario