Colamos a información de "El Retroceso":
A explotación dos meniños é unha das manifestacións máis execrábeis que se poida dar en calquera sociedade, pois como é obvio afecta a un dos sectores máis vulnerábeis da mesma. Hogano, 215 millóns de nenos/as menores de 18 anos traballan en todo o mundo, moitos baixo extenuantes xornadas e en condicións infrahumanas, outros son prostituídos por mafias, encerrados en cárceres de menores, recrutados por exércitos, etc. Mais, non se trata dun fenómeno que afecte, en exclusiva, aos países empobrecidos polas políticas imperialistas de Occidente, tamén podemos percibir esta violencia estrutural nas nosas cidades e vilas cara os máis pequenos: en cada semáforo, no que venden os seus panos de papel; en cada barrio marxinal, onde a droga os transporta a un mundo máis racional; en cada centro de menores, onde son castigados por ser pobres; en cada escola, na que son domesticados para servir ao Estado e o Capital; en cada casa, encadeados a unha televisión que os converterá en insaciábeis consumidores...
O Estado e os seus limpabotas oficiais, describirán esta realidade como unha maldición ou forza irredutíbel e incontrolábel, que só se pode paliar grazas á iniciativas caritativas de ONGs, organizacións relixiosas, fundacións de partidos políticos, etc. Estas tenias da desnutrición mundial, nunca sinalarán como culpábeis ao Capitalismo e os seus secuaces, posto que sen este sistema xenocida, xa non poderían traficar coas bágoas dos pobres que nunca chegan a saciar a súa sede de poder e diñeiro.
Na palestra, falarase das historias, vivencias e sufrimentos que viven as nenas explotadas en barrios marxinais de Santiago de Compostela e Lugo. Descubriremos que detrás de cada neno “inadaptado”, “tarado”, “hiperactivo”, “delincuente”... se atopa un neno explotado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario