Colamos (e traducimos) da web Apoyo Mutuo:
Trala vitoria do bando fascista en España, centos de miles de persoas cruzan a fronteira francesa, pero estes refuxiados non son ben recibidos: o Goberno francés reclúeos nas praias do Mediterráneo, abandonándoos en "campos" rodeados de valas e fortemente vixiados. Moitos destes españois manifestan a súa disposición a empuñar as armas contra o nazismo, pero o seu ofrecimiento non interesa aos xenerais franceses, que lles desprezan e refírense a eles como "o exército das alpargatas". O único sitio no que terán cabida é a Lexión Estranxeira.
Trala derrota francesa en xuño de 1940, a Francia de Vichy, co mariscal Pétain á fronte, convértese en colaboradora do III Reich, e a situación dos refuxiados españois empeora, encerrados en campos de concentración ou repatriados á España franquista, moitos se enrolaron nas filas da resistencia antinazi, alineándose coas tropas da Francia "libre". Desde Londres, De Gaulle fai un chamamento a manter o combate; con Francia ocupada e cun Goberno colaboracionista cos nazis, atopa nas colonias o lugar desde o que organizar a resistencia: ao norte de África chegaran refuxiados de distintos países, entre eles tamén españois, que pasarán por campos de traballo no Sáhara e terminarán loitando na Lexión ou no Corpo de África, ambos do Exército francés.
As tropas francesas das colonias deben decidir si manterse xunto ao Goberno colaboracionista de Vichy ou unirse aos aliados. O desembarco de tropas norteamericanas no norte de África forzará a decisión en favor daqueles. A partir deste momento crearanse dúas seccións do exército francés, as tropas do xeneral Giraud, do que fora o exército de África e máis próximo a Pétain, e as tropas de Leclerc, xa veteranas da Francia Libre. Mentres os primeiros desprezaban aos españois como "roxos" ou revolucionarios, e dicíanlles que non estaban alí para facer a revolución, os segundos valoraban o feito de que loitasen na Guerra Civil e, ao ser tropas que estiveran loitando contra os alemáns, fixo que os españois abandonasen a Lexión ou o Corpo Franco e se incorporarsen á División de Leclerc, oficialmente 2ª División Blindada, na 9ª Compañía, coñecida como "La Nueve" ou "La Española".
En outubro de 1943 vai chegando a Marrocos todo tipo de fornezo armamentístico de Estados Unidos para prover á División de Leclerc. Como exemplo da presenza de españois na división, son os nomes cos que bautizaron aos blindados: "Gernica", "Guadalajara", "Teruel", "Brunete".
En abril de 1944 os 15.000 homes da 2ª División saen de Casablanca co fin de desembarcar en Francia: é un exército atípico, formado por voluntarios españois, gregos, italianos, polacos, que non defendían unha bandeira, senón un ideal. Tras desembarcar en Francia, as ordes para as tropas aliadas son rodear aos alemáns, pero De Gaulle antepoñía a liberación de París, polo que ordenou a Leclerc que a súa división se dirixira á cidade e que chegasen antes que os americanos.
Pese a que estaba previsto que fose o exército estadounidense o que "liberase" París, foi un dos mandos de "La Nueve" quen decidiu dirixirse directamente á capital francesa para apoiar o chamamento da Resistencia de París á poboación ante a proximidade das tropas aliadas.
Finalmente, o 24 de agosto de 1944, "La Nueve" entrou en París. O día 26 desfilarían polos Campos Elíseos escoltando a De Gaulle. Pero aínda quedaba moito para o fin da guerra e poucos foron os españois que sobreviviron. Ademais, as súas esperanzas de ver derrocado o fascismo en España perdéronse co comezo da Guerra Fría, converténdose o réxime franquista en aliado das "democracias occidentais".
O esquecemento sufrido por estes homes foi promovido desde un primeiro momento: a prensa, os "aliados", os novos gobernantes, o novo líder De Gaulle, no seu discurso sobre a liberación de Francia alcanzada "grazas ao pobo francés"... Todos obviaran o sacrificio voluntario e consciente dos centenares de miles de partisanos antifascistas, guerrilleiros, exiliados, tropas negras e coloniais... nun esbozo cedo do que, de aí en diante, ía entenderse por "mundo libre".
No hay comentarios:
Publicar un comentario