23 ago 2014

Actualización sobre o caso de "Loita Revolucionaria" (Grecia)


Xa nos fixemos eco en Abordaxe da detención, tras dun espectacular tiroteo no centro de Atenas, do anarquista Nikos Maziotis (-AQUÍ), así como da carta aberta que Pola Roupa, a súa compañeira tanto sentimental como de militancia na organización de guerrilla urbana "Loita Revolucionaria", difundiu ante a opinión pública(-AQUÍ). Pois agora actualizamos a información sobre a persecución policial desta organización anarquista co resumo do contido de varias novas aparecidas na prensa comercial grega así como con este enlace a unha recente entrevisa con Nikos Maziotis, tamén publicada nos medios empresariais gregos, e que nós recollemos de "Instinto Salvaje" (en castelán e nunha algo confusa traducción do orixinal grego) -AQUÍ.

A imaxe que acompaña esta nova e a difundida pola policia coa intención de acadar información sobre o paradeiro de Pola Roupa, que xunto a Giorgos Petrakakos e o propio Maziotis, son os membros identificados polos corpos represivos das sete persoas que estiman que compoñen a nova resestructuración da organización. Pese ao estreitamento do cerco e ao descubrimento e asalto dun piso franco utilizado polos anarquistas, así como da recompensa dun millón de euros ofrecida pola captura de Roupa (a mesma cantidade que pendía sobre a cabeza de Maziotis), tanto as armas coma os membros profugos de "Loita Revolucionaria" continúan en paradeiro descoñecido.

A policía grega relaciona a Pola Roupa cun roubo ocurrido onte no Banco Nacional de Grecia en Distomo, onde tres encapuchados con rifles de asalto escaparon cun botin de 300.000 euros e un caixeiro como refén. Trás dunha primeira fuxida en coche abordaron una lancha motora coa que conseguiron escapar. O "modus operandi" sería similar ao empregado pola organización noutro atraco en Spetses hai dous anos. A Unidade Grega Antiterrorista relaciona o roubo tamén co coñecido delincuente Vasilis Paleokostas, de quen pensan podería axudar e dar cobertura aos revolucionarios.

Por outra banda o estado de saúde de Nikos Maziotis permanece estable despois de varias delicadas operacións no seu brazo, que resultou seriamente mancado no transcurso do tiroteo no que o prenderon. Tras un primeiro paso polo hospital de Evangelizmos, sometido a ferreas medidas de seguridade, pediu o seu ingreso na sección hospitalaria da prisión de Korydallos. Onde agora atópase recluido e baixo estrictas medidas de aislamento.

Maziotis, igual que o resto de membros prófugos de "Loita Revolucionarian", esta acusado de varios asaltos a sucursais bancarias e da colocación dun potente explosivo fronte ao Banco de Grecia en Atenas. Iso tras da súa fuxida no 2012 do proceso que o condenou a 25 ano en ausencia polo resto de accións armadas da mencionada organización anarquista.

Dende aquí só podemos desexarlle a Maziotis unha pronta recuperación e unha corta estancia en presidio. A Pola Roupa, ao fillo de ambos (de apenas dous anos e prófugo xunto a súa nai), e ao resto de membros desta guerrilla urbana anarquista unha longa, subversiva e prolífica clandestinidade.


C.R. con información dos sempre cuestionables medios empresariais da prensa comerial internacional.

1 comentario:

  1. O envio de livros para os presos é proibido na prisão de Diavata, onde Nikos Maziotis está actualmente encarcerado. Portanto, o companheiro só pode receber cartas (na melhor das hipóteses algumas reportagens de notícias, também). É obrigatório indicar um endereço de remetente, caso contrário as cartas não são entregues.

    Para escrever ao companheiro:

    Nikos Maziotis
    Geniko Katastima Kratisis Thessalonikis
    57008 Diavata, Tessalónica, Grécia

    ResponderEliminar