Hai un par de días publicamos acá en abordaxe a noticia da morte dun outro mozo negro de 23 anos a mans da policía de San Luis: Agora sabemos cal era o seu nome, Kajieme Powell, e neste video podemos ver a secuencia do seu brutal asesinato:
O vídeo, gravado por unha testemuña dos feitos non deixa lugar a dúbidas: os axentes podían ter reducido a Kajieme Powell, de 25 anos, sen disparar a matar.
A versión da policía é que recebeu a chamada dunha tenda da zona en que se lle indicaba que acababa de ser obxecto dun roubo -apenas uns refrescos e uns donuts- por parte dun mozo que ía armado. Os axentes personáronse decontado. Estacionaron o carro. Localizaron o mozo. Chamaron por el. Este achegouse. Os axentes alegan que o mozo afro-americano portaba un coitelo e que pedíronlle que puxese o coitelo no chan. Non o fixo. Tampouco é que lle desen moito tempo para reaxir. 15 segundos após chegar os policías ao lugar dos feitos, abriron fogo contra Powell. 12 disparos. Todos a matar.
Xan do Can para Abordaxe
22 ago 2014
[EEUU] Video mostra o asasinato de Kajieme Powell a mans da policía
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario