2 jul. 2014

Rimo Sem Ritmo apresenta "Agora ou nunca" (rap antiautoritario dende o Baixo Minho)


Como xa dixemos en Abordaxe varias veces en entradas anteriores, rara vez damos publicidade a lanzamentos de libros, discos, pinturas ou outras expresións artísticas tanxíveis. Cando o facemos é porque a autora ou a creación ten un seu aquel con a loita anarquista que consideramos interesante publicitar. Por iso queremos apresentar este curioso poxecto musical que nasce no Baixo Miño. Adxuntamos a ligazón de descarga e unha reseña realizada polo propio autor, e porsuposto animamos a difundilo:

http://www.mediafire.com/download/nzxf9m14sl6wqi7/RimoSemRitmo+Agora+ou+nunca.rar

Este disco está feito dende umha filosofía totalmente "Do it yourself" e "Steals yourself". A súa difusom é totalmente livre e anti-comercial. Agardo que se espalhe o máis posible e chegue a quem quiger desfrutar dele. Por isso fago esta petiçom de livre distribuiçom a todas as persoas e meios que desegem darlhe pulo. Radios livres, meios contrainformativos, distribuidoras anticomerciais, etc...

É o primeiro trabalho que figem, gracias á gente que de veras sentiu ganas de emprestar-me ajuda podemos ensinar-vos esta criaçom, curta, dez minutos de rap antiautoritario feito para escuitar, sem lecçons, sem doctrinamento, só para sentir. Sem máis, digo o que sinto e espero que seja ameno e construtivo para vós.

Apertas e beijos para todxs!




2 comentarios:

  1. https://www.youtube.com/watch?v=7Oc2TTOJdPo&list=PLklOX2v7CLWgwPLHLVin1et6h0AfdqhVy

    ResponderEliminar