1 jul. 2014

[Ourense] Valoración da Feira itinerante "Libre, Libre Quero Ser"

As compas que organizaran este evento na cidade das Burgas, envíannos esta a sua valoración con o ánimo de que esta iniciativa se expanda: "Hoxe a Feira gardadiña está, agardando que algunha outra localidade queira acollela e facela itinerar por diferentes espazos. A Feira Fóra das Prisións é Itinerante e se para perece. E porque Libre Libre Quero Ser fagamos da solidariedade unha realidade! Non estamos todas, faltan as presas!"

Agora xa podemos decir que a feira “Libre, libre quero ser” deixou de danzar por Ourense.

Un mes e medio movéndoa pola cidade, por locais que non son centros sociais, por lugares pouco habituais para recoller este tipo de convocatorias, e por eso mesmo idóneos para este obxetivo Itinerante e para que as voces das persoas presas viaxen como viaxan as voces libres, sen condicionamentos, sen restricións.

Unha comunicación entre prisión e sociedade sen trabas nen prexuízos, este era un dos obxetivos desta Feira, e é un dos obxectivos acadados. Entre os apoios habituais apareceron despistadas, curiosas, solidarias, descoñecidas... que observaron con certa sorpresa esta proposta, e participaron aínda sen sabelo, dándolle sentido á iniciativa. E tamén a Feira sen sabelo aportou aire fresco á cotidianidade desta pequena cidade na que parece, só parece, que nunca sucede nada novo.


Na Universidade e no Bar Renque; o Punto de Carteo puxo en contacto ás estudantes máis novas cas presas máis veteranas, ás presas europeas cas presas da inmigración. As voces silenciadas colleron forza da man das Nais Contra a Impunidade, e a tecnoloxía serviu para porlle cara ás protagonistas da realidade carcelaria, ás que a sofren e ás que a impoñen.

Alá no Grándola pola Praza de San Marcial, animouse unha cálida tarde de Maio co son de Furnier e súa valora Pura Mestura, mentres os Petiscos Solidarios enchían os bandullos de nenxs e maiores, a Distribuidora lucía na praza, e máis tarde tamén o licor café animou o Micro Aberto. Un Xoves alleo ao ollar inquisidor da policía ante tanta algarabía.

Na Tasquiña do Chucas a familia acompañou a incursión da Feira por barrios descoñecidos, propoñendo un Xogo de Mitos Carcelarios para animar un debate onde se compartiron diversas opinións con persoas ben descoñecidas. E coma soe acontecer nestes barrios, a familia foi ben acollida, quedando o Chucas como un posto fixo para as feiras que están por vir.

Alboroto foi tamén o que reinou no Ollo Ledo, invadindo o estreito corredor ca Exposición Permanente, e reconvertendo a planta baixa nun improvisado esceario de Timba Poética Taleguera, e xenial Teatro cas compañeiras de QuenrideQuen. Mentres, os petiscos e as compañeiras dábanlle un toque especial á Praza das Mercedes e ao parque infantil. Neste lugar tampouco quedou indiferente a clientela habitual, nin o bar que nos acolleu; xa todas sabemos que algúns temas son “incómodos”.

E chegando ao final aumentamos a intensidade no Vagalume e en Escua ca segunda edición do Tapas e Tupés a Tope, alí voaron piercings, tattoos, rifas, sorteos, música da boa, petiscos e mojitos, e acabaron tamén por voar as nosas forzas...

Coma sempre dar as grazas a todas aquelas que vos achegáchedes, que deixáchedes experimentar na vosa pel, que axudáchedes cos petiscos e os sorteos, e que nos aturastes!

Tamén as que aportastes materiais de difusión para a distri e material para os sorteos. E por suposto a aquelas que axudades a crear o Punto de Recollida de Material, porque sen os vosos aportes este punto non existiría e a solidariedade quedaría coxa.

Hoxe a Feira gardadiña está, agardando que algunha outra localidade queira acollela e facela itinerar por diferentes espazos. A Feira Fóra das Prisións é Itinerante e se para perece. E porque Libre Libre Quero Ser fagamos da solidariedade unha realidade! Non estamos todas, faltan as presas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada